Provincia de Nova Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
repartición
Liña 11:
Os [[Países Baixos|neerlandeses]] foron os primeiros exploradores europeos en chegar a Nova Irlanda en [[1616]], que creron parte da illa de [[Nova Bretaña]]. Foi o explorador británico [[Philip Carteter]] quen determinou que a illa estaba separada de Nova Bretaña, e bautizouna co nome de Nova Hibernia.
 
Entre os anos setenta e oitenta do [[século XIX]], [[Marquis de Rays]] levou a cabo catro expedicións colonizadoras a Nova Irlanda. Fundou para esta empresa a colonia chamada La Nouvelle France. Estes intentos resultaron un fracaso, morrendo durante a terceira expedición 123 persoas. Os misioneiros comezaron a chegar en [[1877]] e en menos dunha década Nova Irlanda foi colonizada por [[Alemaña]] ([[1886]]) co nome de Neu-Mecklenburg como parte doda repartorepartición de Nova Guinea, que lle outorgou a Alemaña a parte norte da actual Papúa Nova Guinea. O traslado forzoso de poboación local até as plantacións do norte de [[Australia]] e outras illas do Pacífico foi unha realidade até finais do século XIX.
 
Australia tomou o control da zona en [[1914]], a comezos da [[Primeira Guerra Mundial]], renomeando á illa New Ireland, que se converteu en parte do [[mandato]] de Nova Guinea que a [[Sociedade de Nacións]] estableceu en [[1921]] baixo a administración australiana. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], Nova Irlanda estivo ocupada polo exército [[Xapón|xaponés]] entre xaneiro de [[1941]] e [[1945]]. A administración colonial australiana mantívose até a declaración de independencia de Papúa Nueva Guinea en setembro de [[1975]].