Godello: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Godello''' é unha variedade [[Galicia|galega]] de [[vide]] de uva branca. Dáse na ribeira do [[río Sil]], principalmente na [[provincia de Ourense]], pero é na comarca de Valdeorras onde o Godello alcanza o seu máximo esplendor{{cómpre referencia}}.
 
== Características ==
Ten acios de tamaño medio e densos. As bagas son de tamaño mediano e cor verderola ou amarelada. É unha [[planta]] sensíbel ao oídio, cunha [[uva]] de gran calidade e moi [[Aroma|aromática]]. Produce [[viño]]s equilibrados, dunha graduación entre 11,5 e 12,5 graos, de cor amarela palla; desprende aromas florais e afrutados (a [[mazá]]). Amais de na propia [[Galiza]], a variedade tamén está autorizada para algunhas zonas de [[Asturias]], [[Cantabria]] e [[Castela e León]], segundo a orde de ámbito estatal ''APA/1819/2007''.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Denominación de orixe]]
* [[Viño]]
* [[Vide]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Variedades viníferas de Galicia]]