Vjačeslav Ivanov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Vjačeslav Vsevolodovič Ivanov''' <ref>ou '''Vyačeslav''', ou '''Vyacheslav''' '''Vsevolodovich'''</ref> (en [[alfabeto cirílico|cirílico]] Вячесла́в Все́володович Ива́нов), nado en [[Moscova]] o [[21 de agosto]] de [[1929]], é un destacado filólogo e [[indoeuropeísta]] ruso, ben coñecido pola súa [[teoría glotálica]] do consonantismo [[lingua protoindoeuropea|protoindoeuropeo]] e por propoñer a localización da ''[[Urheimat dos indoeuropeos|Urheimat]]'' deste pobo nas terras altas de Armenia e o [[Lago Urmia]].
 
== Traxectoria ==
O pai de Vyačeslav Ivanov foi [[Vsevolod Ivanov]], un dos escritores [[URSS|soviéticos]] máis prominentes. A súa nai era unha actriz que traballaba no teatro de [[Vsevolod Meyerhold]].
 
Ivanov estudou na [[Universidade de Moscova]] e nela traballou ata 1958, cando o despediron a causa da súa simpatía con [[Boris Pasternak]] e [[Roman Jakobson]]. Por esa época xa fixera importantes contribucións aos estudos indoeuropeos e convertérase nun dos mellores coñecedores da [[lingua hitita]].
=== Carreira ===
Ao principio da década 1960-1970, Ivanov foi un dos primeiros estudosos soviéticos en tomar un profundo interese no desenvolvemento da [[semiótica]]. Traballou con [[Vladimir Toporov]] en varias monografías lingüísticas, incluído unha introdución ao [[lingua sánscrita|sánscrito]]. En 1962 xunto con Toporov e [[Juri Lotman]] estableceu a [[Escola semiótica de Tartu-Moscova]].
 
Liña 16:
É membro de pleno dereito da [[Academia Rusa das Ciencias]] desde 1990, e foi ''Foreign Fellow'' da [[Academia Británica]] desde 1977.
 
=== Outros intereses ===
Ademais dos seus intereses académicos, Vyačeslav Ivanov escribe poesía. Tamén leva publicados varios libros de memorias, entre os que destacan dous sobre as súas relacións con [[Boris Pasternak]] and [[Anna Akhmatova]].
 
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Vyacheslav V. Ivanov e Thomas Gamkrelidze, The Early History of Indo-European Languages, Scientific American, vol. 262, nº3, 110-116, Marzo, 1990.
* Gamkrelidze, Tamaz V.; Vjacheslav V. Ivanov (1995). Indo-European and the Indo-Europeans. Mouton de Gruyter. ISBN 3-11-014728-9.
=== Ligazóns externas ===
* [http://web.archive.org/20071219005919/www.slavic.ucla.edu/faculty/ivanov_v.html O seu perfil na facultade na Profile at UCLA] {{en}}
* [http://kogni.narod.ru/vvivanov.htm Biografía] {{ru}}
* [http://www.peoples.ru/science/linguist/ivanov/ Biografía] {{ru}}
 
{{ORDENAR:Ivanov, Vyacheslav Vsevolodovich}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da lingüística]]
[[Categoría:Indoeuropeístas]]