Zum ewigen Frieden: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q229583
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 5:
Se existe un deber e ó mesmo tempo unha esperanza fundada de que fagamos realidade o Estado dun dereito público, aínda que soamente sea unha aproximación. A paz perpetua, que se deriva dos ata agora mal chamados tratados de paz, non é unha idea baleira senón que unha tarefa que se irá resolvendo pouco a pouco ata acadar o seu fin.
 
== Estrutura ==
"Sobre a paz perpetua", preséntase como un tratado estruturado es dúas seccións:
A primeira contén seis artigos preliminares e a segunda, tres artigos definitivos para a paz perpetua entre os Estados.
Liña 13:
:2. Da harmonía da política coa moral segundo o concepto transcendental do dereito público.
 
== Resumo ==
O tema exposto neste ensaio filosófico “Sobre a paz perpetua” , publicado en [[1795]], é a posibilidade de lograr a paz efectiva e xusta no mundo. Kant establecerá unhas condicións obxectivas, xurídicas e políticas para que os Estados abandonen o militarismo e as ambicións territoriais. Deste xeito os Estados tentarán buscar a cooperación e a hospitalidade entre os pobos.
 
Kant considera que para conseguir a paz perpetua é necesario abolir ao exército así como crear unha Constitución republicana en cada Estado. Kant pretenderá que todos os Estados busquen a paz honestamente.
 
=== Primeiro artigo para a paz perpetua: A Constitución de todo Estado debe ser republicana ===
O estado de paz entre os homes que viven xuntos non é un estado de natureza senón que é un estado de guerra no que as hostilidades están presentes en calquera momento.
Para Kant a Constitución republicana é a encargada de buscar a paz perpetua. Esta Constitución establece os seguintes principios:
Liña 29:
Polo contrario, nunha Constitución na cal o súbdito non é cidadán, é dicir, nunha Constitución non republicana, a guerra é sinxela, xa que o xefe do Estado non é membro do Estado senón o seu dono, polo que a guerra non lle causará ningunha perda.
 
=== Segundo artigo para a paz perpetua: O dereito de xentes debe fundarse nunha federación de Estados libres ===
Os pobos poden considerarse segundo a súa natureza individuos que se prexudican uns a outros para manter a súa seguridade. Cada pobo debe esixir ao outro que entre nunha Constitución semellante á civil para garantir os dereitos de cada un. Isto sería unha confederación de pobos. Porén, habería unha serie de contradicións porque nun Estado necesítase a relación entre un superior (lexislador) e un inferior (o pobo). Polo que moitos pobos nun mesmo Estado pasarían a formar un único pobo e isto non debe ocorrer. De maneira que a única forma que teñen os Estados para conseguir o seu dereito só pode ser a través da guerra. Pero, o dereito non pode ser decidido a través dunha guerra nin sequera a través dunha vitoria e un tratado de paz unicamente acabaría coa guerra pero non coa situación de guerra. Ademais o estado de paz non pode establecerse sen un pacto entre os pobos. Así a federación da paz buscará acabar coa guerra mentras que o estado de paz acabaría con todas as guerras para sempre.
 
A federación mantén a liberdade dun Estado e tamén dos Estados federados para que non se sometan a leis públicas nin a coaccións. Esta idea débena adoptar os outros Estados para acadar a paz perpetua.
 
=== Terceiro artigo para a paz perpetua: Hospitalidade universal ===
A hospitalidade é o dereito de propiedade que teñen todos os homes da superficie da terra. Os homes teñen que soportarse uns a outros e ningún posúe un maior dereito que o outro para estar nun determinado lugar da terra. Polo que ninguén deberá combater con un estranxeiro que chega a un territorio alleo.
 
=== Garantía da paz perpetua ===
Esta garantía é subministrada pola natureza que persegue unha finalidade: que os homes consigan a harmonía a través do antagonismo. Isto coñécese co nome de destino ou providencia. O termo natureza, como unha teoría é apropiado para os límites da razón humana que debe manterse dentro dos límites da experiencia. Para garantir a paz hai que examinar o modo no que se subministra esa garantía. A organización provisional da natureza consiste no seguinte:
:1. Que os homes de todas as partes da terra poidan vivir.
Liña 49:
* Da mesma maneira que a paz separa pobos tamén os une. Trátase do espírito comercial que non pode convivir coa guerra. É o poder máis fácil de todos. Os Estados vense obrigados a fomentala paz e evitar a guerra por medio de negociacións.
 
=== Artigo secreto para a paz perpetua ===
O Estado deixará falar libre e publicamente ós filósofos sobre os principios da guerra e da paz.
 
Pero, non terá porque conceder prioridade ós filósofos fronte ós xuristas se non que unicamente deberá escoitalos.
 
=== Anexo I: Sobre a discrepancia entre a moral e a política respecto á paz perpetua ===
A moral é unha práctica no sentido obxectivo, un conxunto de leis obrigatorias que debemos obedecer e sobre as que debemos actuar. Non debe existir ningunha disputa entre a moral e a política polo que non hai ningún conflito obxectivamente entre ambas. Porén, esta disputa está presente subxectivamente na inclinación egoísta dos homes e sempre o haberá porque serve de estímulo á virtude. Esta pretenderá vencer a astucia do mal.
 
O moralista político comete unha inxustiza ó non respectar o concepto de dereito que sería o único que podería conseguir a paz para sempre.
 
=== Anexo II: Harmonía da política coa moral segundo o concepto do dereito moral ===
A incompatibilidade das máximas do dereito de xente coa publicidade dá lugar ó desacordo entre a política e a moral. Este acordo só sería posible coa unión federativa ( que é necesaria e está dada ''[[a priori]]'' conforme o principio dos dereitos ). A prudencia política ten como fundamento xurídico a instauración desa federación na súa maior amplitude, sen esta finalidade, a habilidade política é ignorancia e inxustiza. Esta política ten:
* ''Reservatio mentalis'': redactar os tratados públicos de tal maneira que se poidan interpretar de moitos xeitos.
Liña 71:
A filosofía faría fracasar a unha política tenebrosa mediante a publicidade das súas máximas ( dereito político, dereito de xentes, dereito cosmopolita ).
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.mtholyoke.edu/acad/intrel/kant/kant1.htm Sobre a paz perpetua] (en inglés)
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras filosóficas]]