Xornal de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{Outroshomónimos|Galicia (homónimos)}}
'''''Xornal de Galicia''''' foi un [[xornal]] de comunicación xeral e de ámbito [[Galicia|galego]], fundado o [[9 de decembro]] de [[2008]], aínda que a súa edición dixital, xornal.com, levaba nove anos activa na [[Internet]]. A edición en papel deixou de publicarse o [[4 de agosto]] de [[2011]] e a páxina web pechou o [[19 de outubro]] do mesmo ano. As súas linguas de edición foron o [[lingua galega|galego]] e o [[lingua castelá|castelán]].
 
== Características ==
O director e impulsor foi o xornalista de [[Brión]] [[Xosé Luís Gómez]], e a primeira subdirección ocupouna [[María Martínez Val]]. A súa sede principal estivo situada na [[A Coruña|Coruña]], se ben contou orixinalmente con redacións tamén en [[Vigo]] e [[Santiago de Compostela]]. Entre os membros da redacción orixinal atopáronse [[Alberto Ramos]], [[Iago Martínez]], ou sinaturas como as de [[Carme Adán]], [[Rafael Cuíña]] ou [[Xesús Palmou]].
 
O accionista principal foi [[Udramedios]], a filial de comunicación do grupo de construción [[Grupo San José|San José]]. Co seu lanzamento absorbeu o medio electrónico [[Xornal.com]].
Liña 12:
En marzo de [[2011]] o director [[Xosé Luís Gómez]] foi destituído dous días despois da publicación dunha fotografía de [[Mariano Rajoy]], daquela líder do [[PP]], a bordo dun barco vencellado ao [[narcotráfico]]<ref>[http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7522.html Jacinto Rey cede ante Rajoy], ''[[Galicia Confidencial]]'', 1/4/2011.</ref>. A nova directora pasou a ser [[María Martínez Val]]. A edición en papel deixou de publicarse o [[4 de agosto]] de [[2011]]<ref>[http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/cierra-edicion-impresa-xornal-galicia/idEdicion-2011-08-02/idNoticia-690863/ Cierra la edición impresa de Xornal de Galicia], ''[[El Correo Gallego]]'', 2/8/2011.</ref>, sendo presidente do Consello de Administración [[Alfonso Paz-Andrade]],<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/09/27/galicia/1317150955.html ''Los trabajadores de Xornal de Galicia se movilizan...''], [[El Mundo]] {{es}}.</ref> continuando só a dixital. O 19 de outubro de [[2011]] pechou tamén esta edición, terminando completamente coa existencia do xornal. <ref>[http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xornal-com-pecha-tamen-na-rede/idEdicion-2011-09-19/idNoticia-701305/ Xornal.com pecha tamén na rede], ''[[Galicia Hoxe]]''</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.xornaldegalicia.com Web do xornal] (non dispoñible).
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xornais de Galicia]]