Petra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 11:
| Preposición = na
}}
'''Petra'''<ref name="Diciopedia">«Petra». {{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editorial=Editorial Galaxia |páxina=1626|volume=3}}</ref> (de "petra", ''pedra'' en grego; árabe: البتراء, ''al-Bitrā'') é un [[sitio arqueolóxico]] situado en [[Xordania]], localizado entre as montañas que forman as estribacións orientais de [[Wadi Araba]], nun gran val que vai desde o [[Mar Morto]] ata o [[Golfo de Aqaba]]. Este lugar é famoso por ter moitas estruturas de pedra escavadas dentro das rochas.
 
== Historia ==
As descricións de [[Estrabón]], [[Plinio o vello]] e outros escritores identifican Petra como a capital dos [[nabateo]]s e o centro das súas caravanas de comercio. Rodeada por rochas de moita altura e permanentemente abastecida de auga por correntes permanentes, Petra non só tiña as vantaxes dunha fortaleza senón que tamén controlaba as principais rutas comerciais que pasaban ao través dela en dirección a [[Gaza, Palestina|Gaza]] no oeste, a [[Bosra]] e [[Damasco]] no norte, a [[Aqaba]] no [[Mar Vermello]], e cruzando o deserto ao [[Golfo Pérsico]].
 
Escavacións recentes demostraron as habilidades dos [[nabateo]]s no control da [[auga]] que permitiron a construción da cidade no [[deserto]], creando na práctica un [[oasis]] artificial. A zona sofre inundacións ocasionais e os restos arqueolóxicos evidencian que os nabateos controlaban estas inundacións mediante o uso de [[Encoro|presapresas]]s, cisternas e condutos de auga. Deste xeito, almacenaban a auga que despois podía ser utilizada nos longos períodos de [[seca]] permitindo que a cidade prosperara.
 
Aínda que nas súas orixes se podía acceder a Petra chegando polo sur (vía Wadi Araba), ou posiblemente desde as elevadas [[meseta]]s no norte, a maior parte dos visitantes modernos achéganse ao lugar dende o leste. A impresionante entrada leste leva a un acceso en baixada que atravesa unha estreita e escura corga entre paredes de pedra, de só 3-4 metros de ancho nalgúns lugares. Ao final da gorxa atópase a ruína máis elaborada de Petra, a Tesourería, escavada directamente na pedra.
Liña 44:
 
{{Marabillas do mundo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Sitios arqueolóxicos]]