Xaime I de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
corrixo
Liña 73:
* Dona [[Isabel de Aragón (raíña de Francia)|Isabel]] (1247-1271), esposa de [[Felipe III de Francia|Felipe III o Atrevido]], fillo de San Luís de Francia.
 
Tradicionalmente considerouse que foi o desexo de Violante de conseguir boas herdanzas para os seus fillos o motivo polo que Xaime I procedeu á partición dos seus reinos. Con todo, parece ter máis sentido a concepción patrimonial dos reinos que tiña o rei. Así, fixo un primeiro repartorepartimento no seu testamento de 1241. Segundo este testamento, o primoxénito Afonso herdaría Aragón e Cataluña, e Pedro, fillo de Violante, Valencia, as illas Baleares, o Rosellón, a Cerdaña e as posesións occitanas. Dous anos despois, un novo testamento introduce ao seu terceiro fillo nona repartorepartición. Cataluña pasa de Afonso a Pedro, o cal cede as illas Baleares, Rosellón, Cerdaña e as posesións occitanas a Xaime. Novo testamento en 1248, incluíndo no repartorepartimento ao novo fillo, Fernando. Á morte de Afonso (1260), outorgou novo testamento (1262), o cal daría a configuración definitiva da herdanza.
 
Trala morte de Violante (1251) o rei lanzouse a unha carreira de amoríos, tendo múltiples fillos. De Teresa Gil de Vidaure tivo a Xaime, señor de Jérica, e a Pedro, señor de [[Ayerbe]]. Das súas relacións amorosas con Guillema de Cabrera naceu Fernán Sánchez, a quen deu a baronía de Castro; Con Berenguela Fernández tivo a Pedro Fernández, señor da baronía de [[Híjar]], mentres que con Berenguela Afonso, filla do infante Afonso de Molina, non tivo descendencia. Estes bastardos reais foron a orixe dalgunhas das máis importantes casas nobiliarias de Aragón e Valencia.