Igrexa de San Miguel de Eiré: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
=== Exterior ===
[[FicheiroːPorta igrexa de San Miguel de Eiré, Eiré, Pantón.jpg|miniatura|dereita|Porta lateral.]]
A fachada oeste,<ref>Aínda que a orientación da igrexa se desvía case 45º da canónica, consérvase a denominación que lle correspondería se a implantación fose canónica.</ref> en teoría a principal, presenta unha sinxela porta de [[arco de medio punto]] só ornamentada ao interior. A metade de altura, unha segunda porta posibelmente comunicaría o coro alto coas dependencias monasteriais, hoxe desaparecidas. Sobre esta segunda porta ábrese unha xanela con arco de medio punto sobre columnas acodilladas e capiteis de ornamentación vexetal, está arrodeada por unha moldura exterior ornamentada con billetes. O testeiro remata seguindo a pendente dos faldróns da cuberta, que supera en altura e que voa lateralmente ao xeito de ménsulas sobre bólas.