Relatividade especial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da ca.wiki
Liña 57:
 
Para que esta forza sexa apreciable cómpre que, ou ben a velocidade sexa moi grande, ou ben que as forzas electrostáticas sexan moi grandes e se cancelen de xeito que só se aprecie a forza magnética. Isto é o que pasa no caso de fíos condutores da corrente, os fíos teñen cargas positivas e negativas que cancelan as forzas electrotáticas e só quedan as forzas magnéticas entre os portadores en movemento respecto do observador.
 
=== O experimento de Francesc Aragó de 1810 ===
[[Ficheiro:François Arago.jpg|miniatura|[[Francesc Joan Domènec Aragó]].]]
En [[1810]], [[Francesc Aragó]] fai un experimento, que presenta oralmente na Academia de Ciencias o 10 de decembro (malia que non se publicou até 1853 xusto antes da súa morte, máis de corenta anos máis tarde): tratábase de medir a velocidade da luz que ve das estrelas, comparando o valor pola mañá ás 6 h e polo serán ás 18 h. Ás 6 h, cando se observa un estrela no cénit, a [[Terra]] achégase á estrela, teríase que medir ''c'' + ''V'', onde ''V'' é a velocidade tanxencial de rotación da Terra e ''c'' a velocidade da luz; ás 18 h, para unha estrelo no cénit, a Terra afástase, teríase que medir ''c'' - V. Agora ben, a experiencia resultou negativa. As diferencias observadas foron moi pequenas, da mesma orde de magnitude que as observadas entre diferentes estrelas e perfectamente atribuíbles a erros de experimentación. En outubro, Aragó repetiu o experimente e o resultado volve ser o mesmo. A velocidade de rotación da terra arredor do [[sol]] tampouco afectou a velocidade observada da luz.<ref>[http://bibnum.education.fr/physique/memoire-sur-la-vitesse-de-la-lumiere Mémoire sur la vitesse de la lumière] Memoria lida por Aragó na Academia das Ciencias en 1810 e publicada en 1853.</ref>
 
Neste experimento, Aragó non mide directamente a velocidade da luz senón que o fai indirectamente a partir do índece de refracción. Isto fai que haxa unha posible explicación que permita conciliar este resultado coas leis de Newton, Aragó di:
 
{{Cita|Semella que non se pode dar razón máis que supoñendo que os corpos luminosos emiten raios con toda clase de velocidades, coa condición de que se admita igualmente que estes raios non son visibles máis que cando as súas velocidades están comprendidas entre uns límites determinados: baixo estas hipéteses, en efecto, a visibilidade dos raios dependerá das súas velocidades relativas e, como estas velocidades determinan a cantidade de refracción, os raios visibles serán sempre igualmente refractados|Francesc Aragó}}
O único xeito de resolver a cuestión era a medida directa da velocidade da luz. Aragó definiu os principios xerais do sistema para medir directamente a velocidade da luz pero os seus problemas de visión impedíronlle participar nos experimentos.
 
Finalmente [[Fizeau]] mediu directamente en [[1849]],<ref>Fizeau, H. L., «Sur une experience relative a la vitesse de propogation de la lumiere», ''Comptes Rendus'' 29, 90-92, 132, 1849</ref> máis tarde [[Léon Foucault]] en [[1862]]<ref>Foucault, J. L., «Determination experimentale de la vitesse de la lumiere: parallaxe du Soleil», a ''Comptes Rendus'' 55, 501-503, 792-796, 1862</ref> e [[Albert Abraham Michelson]] en [[1878]]<ref>Michelson, A. A., «Experimental Determination of the Velocity of Light», ''Proceedings of the American Association for the Advancement of Science'' 27, 71-77, 1878</ref>
 
As medidas experimentais tiñan cada vez máis precisión e sempre daban o mesmo resultado do experimento de Aragó de 1810: A velocidade da luz era constante e independente da velocidade relativa entre o emissor e o receptor.
 
== Invarianza da velocidade da luz ==