Relatividade especial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 99:
 
A relatividade especial tamén amosa que o concepto de simultaneidade é relativo ó observador:
Se a materia pode viaxar ó longo dunha liña ([[traxectoria]]) no [[espazo-tempo]] sen mudar de velocidade, a teoría chama a esta liña ''intervalo temporal'', pois un observador, seguíndoa, non podería sentir movemento (estaría en repouso), senón tan só viaxar no tempo en caordo ó seu sistema de referencia. De xeito semellante, un ''intervalo espacial'' significa unha liña recta no espazo-tempo ó longo da que nin a luz nin outra sinal máis lenta podería viaxar. Sucesos ó longo dun intervalo espacial non poden influenciarse un ó outro transmitindo luz ou materia, e poden aparecer como simultáneos a un observador nun sistema de referencia adecuado. Para observadores en diferentes sistemas de referencia, o suceso A pode parecer anterior ó B ou viceversa. EstoIsto non sucede cando consideramos sucesos separados por intervalos temporais.
 
A Relatividade Especial é universalmente aceitada pola comunidade física na actualidade, ó contrario da [[relatividade xeral|Relatividade Xeral]] que está confirmada, pero con experiencias que poderían non excluír algunha teoría alternativa da gravitación. Porén, hai aínda un conxunto de xente oposta á RE en varios campos, téndose proposto varias alternativas, como as chamadas Teorías do Éter.