Fran Paredes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado categorías
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Fran Paredes''', nado en [[Moaña]] en [[1972]], é un actor galego.
 
== Traxectoria ==
Licenciouse en Filoloxía inglesa pola [[Universidade de Vigo]] en [[1997]]. Como actor participou en numerosas montaxes tanto en teatro escolar e amador, ligado ao grupo Teatrofia Teatral dirixido por Asución Sóñora e posteriormente no grupo Teatro Aurín de Pedro Pablo Riobó, como en compañías profesionais entre as que destacan [[Teatro de Ningures]] e [[Teatro do Morcego]] e o proxecto Llullu Teatro do que foi cofundador. Actor tamén de audiovisual en numerosas curtas, series para televisión e cine. É tamén tradutor da obra ''[[A gata sobre o tellado de zinc quente]]'', para Teatro Aurín. Colaborou en [[2007]] e [[2008]] coa [[Escola Superior de Arte Dramática|ESAD]] como actor na sinatura de dirección de actores. Tamén participou na dirección de diversos espectáculos.
 
== Teatro ==
* ''Our day out'', de Willie Russell (1993)
* ''O tendal'', de Pedro P. Riobó (1993)
* ''A gata sobre o tellado de zinc quente'', de [[Tennessee Williams]] (1994)
* ''Nai Coraxe e os seus fillos'', de [[Bertolt Brecht]] (1995)
* ''Communication problems'', vv. aa (1995)
* ''Epifanías'', vv. aa. (1997; dramaturxia de Pedro P. Riobó)
* ''Ñaque, ou de piollos e actores'', de J. Sanchis Sinisterra (1999: dirección de [[Salvador del Río Pérez]])
* ''Veñan máis quince'' (1999; dramaturxia de Pedro P. Riobó)
* ''Os piratas. A branca-rosa'', de Sans e Barbany (2000: dirección de Celso Parada)
* ''Supertot'', de Benet i Jornet e Puértolas (2000)
* ''O circo enmeigado, ou a Amazona e os excéntricos'', de [[Rafael Dieste]] (2001: dir: Salvador del Río Pérez)
* ''Fausto'', de [[Christopher Marlowe]] (2001: dirección de Etelvino Vázquez)
* ''Círculo'', de [[Suso de Toro]] (2002: dirección de Etelvino Vázquez)
* ''[[O Principiño]]'', de [[Antoine de Saint-Exupéry]] (2002: dirección de Salvador del Río Pérez)
* ''Troianas'', de [[Eurípides]] (2004: dirección de Etelvino Vázquez)
* ''[[Un tranvía de nome desexo]]'', de Tennessee Williams (2004: dirección de Damián Contreras)
* ''A farsa do Bululú'', de [[Manuel María]] (2005: dirección de Celso Parada)
* ''O circo enmeigado'', de [[Rafael Dieste]] (2005: versión e dirección de Celso Parada)
* ''[[Tartufo]]'', de [[Molière]] (2005: dirección de Etelvino Vázquez)
* ''Misericordia'', de [[Benito Pérez Galdós]] (2006; dirección de Etelvino Vázquez)
* ''O caso da Rúa Lourcine'', de E. Laviche (2006: dirección de Xan Cejudo)
* ''Emigrados'' (2007; vv.aa.; dirección de Etelvino Vázquez)
* ''[[Bailadela da morte ditosa]]'', de [[Roberto Vidal Bolaño]] (2008; dirección de Etelvino Vázquez)
* ''Atra bile'', de [[Laila Ripoll]] (2009; dirección de Etelvino Vázquez)
* ''Os cómicos dell’auto'' (2009)
* ''María Soliña'' (2009)
* ''Ñaque'', de Sanchis Sinisterra (2009; dirección de Salvador del Río Pérez)
 
== Cine ==
* ''[[Heroína (filme)|Heroína]]'', de [[Gerardo Herrero]] (Continental Producións, 2004)
* ''[[Unha muller invisible]]'', de [[Gerardo Herrero]] (Continental Producións, 2006)
* ''De la misma sangre'', curtametraxe de [[Óscar Galansky]] (2008)
 
== Televisión ==
* ''Cota Vermella'', de [[Jordi Frades]]. Zenit- Castelao (2003)
* ''[[Rías Baixas (serie de televisión)|Rías Baixas]]'', capítulos 67 a 74 e 162 ([[TVG]], 2003)
* ''[[A vida por diante]]'', capítulo 55 (TVG, 2007)
* ''[[Serramoura]]'', como Gonzalo Soutelo (TVG, 2014-2015)
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* López, Yolanda; Paredes, Xavier; et ali (2005): ''Catálogo de dramaturgos galegos. 1973-2004''. CDAEMGA, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 2005.(Indice de tradutores)
 
{{ORDENAR:Paredes, Fran}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Actores de Moaña]]
[[Categoría:Actores de cine de Galicia]]