Igrexa de San Miguel de Eiré: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 33:
 
Se ben estes capiteis destacan polo seu contido escultural, non quedan atrás os grandes canzorros que sosteñen o beirado da ábsida, con variadas figuras, entre as que destacan as humanas e as animais. De esquerda a dereita, os dezasete canzorros representan sucesivamente unha piña, un cuadrúpede, un cilindro, unha bóla, tres bólas superpostas, unha especie de simio, tres rolos cilíndricos, a cabeza dun becerro con fociño de porco, unha parella apertada espida, unha bóla con asas, un cuadrúpede, outro cuadrúpede, unha figura humana, un animal, cinco piñas, unha bóla ou cabeza e mais un animal.
 
Porén, a descrición anterior das catro facadas do edificio obvia o elemento fundamental que aparece en todas elas e que lle confire o seu carácter especial a esta singular obra de arquitectura: a torre. Nos seus muros leste e oeste ábrense, nos saíntes dos muros que os enmarcan, dúas amplas xanelas xeminadas con arcos de medio punto, apoiadas en columnas acodilladas nas xambas laterais e nunha semicolumna de maior diámetro no centro. Os arcos, formados por unha moldura tórica e unha escocia, están envoltos por roscas axadrezadas semicirculares. Os capiteis son de ornamentación vexetal, agás o correspondente ao lado esquerdo da fachada leste, que leva esculpidos dous cuadrúpedes en ángulo recto.
 
==Galería de imaxes==