OU-536: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 16:
 
==Historia==
A OU-536 foi trazada na década de 1850 (Real Orde de [[12 de decembro]] de [[1852]] que ordena a súa construción), para o que se realizaron numerosas pontes e pasos superiores de arco en [[cantaría]] (moi comúns na época), e aproveitando antigas pontes romanas como a [[Ponteponte do Bibei]] ([[A Pobra de Trives]]) e a da [[Ponteponte da Cigarrosa|A Cigarrosa]] ([[Petín]]). Nun principio, a infraestrutura chamábase "estrada de Segunda Orde [[Ponferrada]]-[[Ourense]]" (como de primeira orde aparece en diversos planos da Xefatura Provincial de Estradas de Ourense, sendo admitida nesta última categoría), e posteriormente, a partir de 1941, foi [[N-120]] ([[Logroño]]-[[Vigo]], treito [[Ponferrada]]-[[Ourense]]). Era o acceso centro a [[Galicia]] oficialmente ata a década de 1970 (pois o Plan de Accesos a Galicia de 1970 decidira a construción dun novo acceso central que non contemplaba o trazado entre [[A Rúa]] e [[Ourense]] pola [[A Pobra de Trives|Pobra de Trives]]), e vía de comunicación principal entre A Rúa e Ourense ata o ano [[1987]], cando mudou a nomenclatura, deixando de se-la N-120.
 
En [[1987]] foi integrada na Rede de Estradas Autonómicas de Galicia, coa nova denominación de C-536, e pasou a ser a ruta da actual OU-536 unha ruta secundaria e deficitaria con respecto á nova N-120, que discorre a partir de entón polas localidades do sur lugués de [[Monforte de Lemos]] e [[Quiroga]].