Víbora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 30:
}}
 
As '''víboras''', '''viperinos''' ou '''áspides''' ('''Viperinae''') son unha [[subfamilia]] de [[serpe]]s [[pezoña|pezoñentas]] das que existen diversas especies, de cores nas que predominan as pardas e cinsentas, xeralmente cun debuxo dorsal en zigzag, coa cabeza de forma triangular, ollos con meniña vertical e dous dentes ocos cos que inocula [[veleno]]. Xunto cos [[crótalo]]s (subfamilia [[Crotalinae]]), forman a [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[vipérido]]s ([[Viperidae]]).
 
Son famosas pola súa [[pezoña]], probabelmente o veleno máis potente entre os animais presentes en [[Europa]]; son tamén os animais máis perigosos de [[Galicia]]. Durante as [[Guerras Púnicas]] lanzábanse aos buques inimigos no curso das batallas navais, e, até o [[século XVII]], o seu uso como pezoña nos banquetes foi un xeito usual de eliminar os rivais políticos.
 
== Características ==
Son moi velenosas e caracterízanse por pusuíren un par de [[dente canino|caninos]] longos e ocos na parte dianteira da [[queixada]]superior. Estes caninos retráense contra o [[padal]] cando a boca está fechada e cando esta abre, póñense axiña en posición de atacar a presa, para inxectar un veleno mortal que ataca o [[sangue]] e os [[tecido (bioloxía)|tecidotecidos]]s.
 
A cabeza triangular e larga das víboras está cuberta de escamas e os ollos teñen a [[pupila|meniña]] vertical. A maioría das víboras paren ás súas crías no interior do cuerpo, é dicir, son [[ovovivíparo|ovovivíparas]].
Liña 58:
{{wikispecies|Viperinae}}
=== Outros artigos ===
* [[Pezoña]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Viperinae| ]]