Mamíferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 33:
Os mamíferos apareceron a finais do [[Triásico]], hai uns 210 millóns de anos. Abranguen aproximadamente 5.400 especies, entre os que está o [[ser humano]].
 
== Características ==
A principal característica, que alude ó nome da clase, é a presenza de [[mama|glándulas mamarias]] nas femias de tódalas especies. Estas [[glándula]]s segregan [[leite]] para alimentar as crías durante os seus primeiros meses de vida.
 
Outros caracteres son a simplificación esquelética do [[cranio]] e da [[mandíbula]] inferior (un só [[óso]], chamado ''dentario'') con dentes moi especializados, a presenza dun ''padal secundario'', a aparición dos cóndilos occipitais para a articulación do cranio coa [[columna vertebral]], a [[cadea de ósos do oído|cadea de osiños do oído]], que permiten a transmisión do [[son]], un [[olfacto]] moi desenvolvido, a maior complexidade do [[cerebro]], a aparición dun [[músculo diafragma|diafragma muscular]] para separar a [[tórax|cavidade torácica]] da [[abdome|abdominal]], e para rematar, o revestimento de [[pelo]]s que presenta toda a superficie do corpo.
 
=== Piel ===
[[Ficheiro:Diagram of human skin.jpg|esquerda|miniatura|[[Pel|Piel]] humana]]
A [[pel|piel]], xeralmente espesa, esta formada por unha capa exterior ou [[epiderme]], unha capa profunda ou [[derme]] e un estrato subcutáneo repleto de [[graxa]] que lle serve de protección contra as perdas de [[calor]], xa que os mamíferos son animais [[homeotermia|homeotermos]].
Liña 48:
Outras formacións cutáneas de natureza córnea que presentan os mamíferos son as [[unlla]]s, [[corno]]s e o [[pico (zooloxía)|pico]] no caso do [[ornitorrinco]].
 
=== Sistema óseo ===
[[Ficheiro:Comparative view of the human and lion frame, Benjamin Waterhouse Hawkins, 1860.jpg|miniatura|dereita|333px|Comparativa entre o esqueleto dun león e un humano]]
Comprende tres rexións moi ben diferenciadas: a [[cabeza]], co [[cranio]] e a [[faciana]], o tronco e as extremidades (dúas torácicas e dúas abdominais):
Liña 62:
* As extremidades, aínda que basicamente son de tipo ''quiridio'' e presentan sempre a mesma organización pero adoitan sufrir modificacións acordes ao modo de desprazamento de cada [[especie]]. Así, nos mamíferos acuáticos transfórmanse en [[aleta]]s para nadar e nos [[morcego]]s os dedos das extremidades anteriores alónganse moito e permanecen unidos por unha ancha membrana ou ''pataxio''. Nos mamíferos terrestres tamén se producen lixeiras variacións, dependendo da parte da extremidade que se apoie ao andar: os que apoian todo o pé denomínanse [[plantígrado]]s; os que apoian os dedos, [[dixitígrado]]s, e os que unicamente tocan o chan coas últimas falanxes, [[ungulígrado]]s.
 
=== Aparello dixestivo ===
[[Ficheiro:Gastro-intestinal tract.png|miniatura|dereita|[[Aparello dixestivo]]]]
Esta formado por unha [[boca]], con [[dente]]s, [[beizo]]s e [[lingua]], na cal desembocan as [[glándula salival|glándulas salivais]]; unha [[farinxe]] curta; un [[esófago]] que atravesa o diafragma; un [[estómago]] en forma de saco e no que desembocan as [[glándula gástrica|glándulas gástricas]]; un [[intestino delgado]] moi longo, dividido en tres partes ([[duodeno]], [[xexuno]] e [[íleo]]) e no que se produce parte da absorción da substancias alimenticias, e un intestino terminal, que comprende o [[cego]] (moi desenvolvido en [[herbívoro]]s), o [[intestino groso|groso]] e o [[recto]], que desemboca ao exterior polo [[Ano (anatomía)|ano]].
Liña 68:
Ademais existen unha serie de glándulas anexas, entre as que hai que destacar o [[fígado]], moi voluminoso e provisto dunha [[vesícula biliar]], e o [[páncreas]], que verte a súa secreción no duodeno.
 
=== Aparello respiratorio ===
[[Ficheiro:Lungs anatomy.png|miniatura|esquerda|[[Aparello respiratorio]]]]
A respiración é de tipo [[Respiración pulmonar|pulmonar]] e lévase a cabo por dous [[pulmón]]s, libres na [[pleura|cavidade pleural]], e que se ramifican en [[bronquio]]s, [[bronquíolo]]s e [[Alvéolo pulmonar|alvéolos pulmonares]].
 
=== Aparello circulatorio ===
[[Ficheiro:Gray513.png|miniatura|dereita|[[Aparello circulatorio]], [[carótide]]]]
A circulación é dobre e completa. O [[corazón]] está dividido en dúas [[Aurícula cardiaca|aurículas]] e dous [[Ventrículo (cardíaco)|ventrículos]], levando a parte dereita [[sangue]] [[vea|venoso]] e a esquerda [[arteria]]l. Ademais, existe unha complicada rede de vasos venosos e arteriais que chegan a tódalas partes do organismo.
Liña 78:
Ademais da circulación sanguínea, nos mamíferos existe unha abundante [[sistema linfático|rede linfática]].
 
=== Sistema nervioso ===
O [[encéfalo]] acada un gran tamaño, estando particularmente desenvolvidos os hemisferios [[cerebro|cerebrais]]. O [[cerebelo]] tamén aumenta de tamaño con respecto aos outros grupos de vertebrados.
 
A actividade psíquica é moito maior que no resto dos animais e nas formas máis evolucionada aprécianse trazos de [[memoria humana|memoria]] e, ás veces, de [[intelixencia]].
 
=== Reprodución ===
En tódolos mamíferos preséntanse os [[sexo]]s separados e a reprodución é de tipo [[vivíparo|vivípara]], agás no grupo dos [[monotrema]]s, que é [[ovíparo|ovípara]].
 
Liña 90:
O período de [[xestación]] e o número de crías por camada varían moito segundo os grupos. Normalmente, canto maior é o tamaño do [[animal]], máis longo é o período de xestación e menor o número de crías. A maior parte dos mamíferos proporcionan aos seus fillos coidados paternais.
 
== Clasificación dos mamíferos ==
Os primeiros mamíferos apareceron na [[Terra]] a finais do [[período xeolóxico|período]] [[Triásico]], hai uns 210 millóns de anos, e desenvolvéronse durante a [[era Terciaria]]. Nos máis primitivos aínda se atopan afinidades cos [[réptil]]es.
 
=== Taxonomía ===
Os mamíferos viventes na actualidade pódense agrupar en dúas subclases principais:
* Subclase ''[[Prototheria]]'': con reprodución ovípara e as glándulas mamarias aínda non desenvolvidas por completo; 4 especies en 3 xéneros, 2 familias e 1 orde, a dos ''[[Monotremata]]''.
Liña 100:
** Infraclase ''[[Eutheria]]'' (ou ''[[Placentalia]]''): xa con produción vivípara placentaria e coas glándulas mamarias plenamente desenvolvidas; 4.000 especies, 970 xéneros, 112 familias, 18 ordes.
 
=== Ordes ===
Segundo a obra máis aceptada actualmente polos [[terioloxía|teriólogos]], o ''[[Mammal Species of the World]]'', a clase comprende as seguintes ordes:<ref>Wilson & Reeder (2005): [http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp ''Mammal Species of the World].</ref>
;<big>Clase ''Mammalia''</big>
Liña 149:
Pola súa parte, a ''Animal Diversity Web'' outorga a este grupo a categoría de [[orde (bioloxía)|superorde]], incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.<ref>[http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Cetartiodactyla/classification/ ''Cetartiodactyla''] en ADW.</ref>
 
=== Filoxenia ===
==== Relacións filoxenéticas ====
,_______ ''[[Morganucodonta]]'' +
|
Liña 161:
|__ ''[[Placentarios|Eutheria]]''
 
==== Árbore filoxenética ====
Cladograma,<ref name=Liaoconodon2011>[http://www.nature.com/nature/journal/v472/n7342/full/nature09921.html?WT.ec_id=NATURE-20110414#/supplementary-information]Meng ,Wang e Li. Transitional mammalian middle ear from a new Cretaceous Jehol eutriconodont. Nature. Vol 472, 7342. páx 181–185. 2011.</ref>
con mamíferos, grupo Mammalia, como principal.
Liña 196:
</center>
 
== Evolución dos mamíferos ==
{{Artigo principal|Evolución dos mamíferos}}
[[Ficheiro:Procynosuchus BW.jpg|miniatura|esqueda|Restauración dun ''[[Procynosuchus]]'', un membro do grupo dos [[cinodonto]]s, e que inclúe aos antecesores dos [[mamífero]]s]]
Liña 209:
A maior parte das mostras da evolución dos mamíferos básase en xacementos de [[fósil]]es. Aínda que as gándulas mamais son unha característica fundamental dos mamíferos modernos, pouco se sabe acerca da evolución da [[Seo (anatomía)#Lactancia|lactancia]]. Isto débese a que sendo un tecido brando non se conserva no rexístro fósil. Moita da evolución dos mamíferos céntrase, pola contra, na forma dos dentes e nas partes máis duras do corpo de tetrápodos.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Category:Mammalia}}
 
=== Bibliografía ===
* {{cita libro|autor=Yosy Cartelle e Juan Ignacio Díaz d'a Silva|título=Guía dos mamíferos de Galicia|ano=2007|publicación=A Coruña: Baía Edicións|id=ISBN 978-84-96893-20-7}}
* Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): [http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp ''Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference'']. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.
 
=== Outros artigos ===
* [[Lista dos mamíferos de Galicia]]
* [[Terioloxía]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Mamíferos| ]]