Curuxa das xunqueiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 30:
== Distribución xeográfica ==
É unha ave de zonas húmidas. O seu hábitat espallase en [[Europa]] dende [[Rusia]] e [[Escandinavia]] á [[Gran Bretaña]] e [[Islandia]] e ata a zona mediterranea. En [[Europa central]] é rara, aínda que aparece con certa frecuencia nos [[Paises Baixos]]. Vive tamén en case toda a parte asiática de Rusia. En [[América]] aparece en [[Canadá]], no norte dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], na zona dos [[Andes]] e na parte sur de Sudamérica, nas [[illas dos Galápagos]]. Vive tamén en [[Hawai]].
A curuxa das xunqueiras é un migrador parcial. Os exemplares que viven máis ó norte móvense cara ó sur en inverno.
 
== Etoloxía ==
=== Reprodución ===
 
A curuxa das xunqueiras fai o niño no cha en zonas abertas (prados, [[tundra]], sabana) agachados entre a herba, as veces, delimitados por unha pequena cantidade de herbas ou plumas. Habitualmente poñen entre 4 e 8 ovos, pero en anos de comida abundante as niñadas poden chegar os doce polos. Fan unha posta ó ano é os ovos son incubados de 21 a 37 días, case exclusivamente pola femia. Coma algunhas outras aves, utiliza a técnica de facerse pasar por ferida para afastar do niño ós predadores.
 
Maduran sexualmente cando teñen un ano. A estación reprodutora no hemisferio norte vai de marzo a xuño, sendo abril o mes de máis actividade. Durante esta época poden formar bandos. Os machos fan exhibicións de voo para atraer ás femias. Son, en xeral, monógamas.
 
=== Alimentación e presas ===
Cazan en xeral pola noite, pero están tamén activas polo día e entre lusco e fusco. De cotío voa a poucos centímetros do chan en campo aberto ata que atopan unha presa, sobre a que se lanzan coas poutas por diante. Come roedores pequenos, basicamente ratos, e algúns insectos grandes, e, en ocasións, paxaros pequenos.
O seu voo recorda o das bolboretas nocturnas pola maneira irregular de bate-las alas.
 
Liña 56:
* [http://www.egeeulen.de/inhalt/eulenarten/sumpfohreule.php A curuxa das xunqueiras na páxina de proteccióndas rapaces nocturnas] (en alemán)
* [http://www.owlpages.com/species/asio/flammeus/Default.htm A curuxa das xunqueiras en owlpages.com] (en Inglés)
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Estrixiformes]]