Héctor Barberá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Liña 49:
O equipo de Amatriain abandona Fonda e pasa a ser equipo oficial de Aprilia na tempada [[2006]] polo que Héctor pasa a pilotar a Aprilia RS250 conseguindo a súa primeira vitoria en 250cc no gran premio de [[República Popular da China|China]] e finalizando a tempada en sétima posición.
 
En [[2007]], cambia de equipo e ficha polo Team Toth Aprilia obtendo 3 podios e terminando en quinta posición, o seu mellor resultado ata a data en 250cc. Para [[2008]], Barberá segue no equipo Toth e pilota unha das 7 Aprilia RSA250 oficiais de 250cc e cambia o seu dorsal das últimas tempadas , o 80, polo 21. Esa tempada asina o seu mellor evolución carreira a carreira destacando as súas 8 saídas desde a primeira fila de grella e as súas catro podiumspodios, ata a grave lesión que se produciu durante os adestramentos do GP de Motegi que lle obrigan a dar por finalizada a súa tempada cando loitaba polos tres primeiros postos do Campionato, terminando o campionato en 6º posición.
 
Para [[Campionato do mundo de motociclismo de 2009|2009]] Héctor cambia de equipo e recae no recentemente formado equipo dirixido por [[Sito Pons]] tendo como compañeiro de equipo ao fillo de Sito [[Axel Pons]]. Disporá dunha Aprilia RSA250 oficial para disputar o campionato. Héctor finaliza o ano como Subcampión do mundo de 250cc, a 22 puntos do primeiro clasificado, con 8 podiumspodios, 3 vitorias nos circuítos de Qatar, Misano e Valencia.
 
=== MotoGP ===