Arturo Souto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 91.117.217.80 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
Regresa a España en xuño dese ano, sorprendéndolle o [[Alzamento Nacional]] en Madrid. Únese axiña ó bando republicano e ingresa na ''Alianza de Intelectuales Antifascistas''. Participa activamente na propaganda republicana con debuxos e carteis, colaborando con algunhas revistas como ilustrador, como ''El Mono Azul'', ''El Buque Rojo'', ''Nueva Cultura'', ''Hora de España'' etc. En [[1937]] asiste ó congreso internacional de escritores que se celebra en [[Valencia]], onde reside desde o mes de novembro anterior, e expón na [[Exposición Internacional de París de 1937|Exposición Internacional de París]], no pavillón deseñado por [[Josep Lluís Sert|Sert]], onde estaba o ''[[Guernica (cadro)|Guernica]]'' de Picasso, a quen coñecera un par de anos antes. En [[1938]] viaxa a Bélxica e expón en [[Bruxelas]], sendo eloxiado polo pintor [[James Ensor]].
 
Concluída a guerra partiu cara ó exilio desde [[Barcelona]] a [[Bordeos]] e á [[A Habana|Habana]], onde organiza varias exposicións, e despois vai a [[Nova York]], [[Os Ánxeles]] e [[Filadelfia]]. En xuño de [[1942]], por mediación do seu amigo o diplomático e poeta [[Torres Bodet]], trasládase a México, onde inmediatamente celebra a súa primeira das moitas exposicións que alí tiveron lugar, identificándose parcialmente con modos autóctonos que parten dos grandes muralistas. Nos anos en que permaneceu un México expuso repetidas veces tanto na capital como noutras cidades sudamericanassuramericanas, á vez de ilustrar obras (como ''Presencia de Galicia en México'', editada polo Patronato de Cultura Galega; ''Teatro del Buscón'', de [[Eduardo Dieste]]; ou ''Pranto Matricial'', de [[Valentín Paz Andrade|Paz Andrade]]) ou colaborar en revistas, como ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]''.
 
O [[7 de maio]] de [[1962]] embarca no ''Guadalupe'' de regreso a España, e desembarca na [[A Coruña|Coruña]] o día [[23 de maio|23]]. A primeira exposición nesta nova época realízaa na desaparecida Sala Velázquez, de [[Vigo]]. A mostra foi un fracaso {{cómpre referencia}}. Os seus antigos amigos apenas lle fan caso. Profundamente defraudado, recolle a obra, renega desas amizades e expón en Madrid, Bilbao e Compostela.