Niklas Luhmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Elisardojm (conversa | contribucións)
automaticamente
Liña 91:
 
==== Clausura operativa ====
O concepto de "clausura operativa" describe a forma que teñen os sistemas de xerarse, reproducirse e comunicarse. Según Luhmann, os sistemas defínense polas operacións mediante as cales os sistemas producense e reprodúcense; todo o que non suceda dentro do marco destas operacións pasará automáticamenteautomaticamente a formar parte do entorno do sistema e, neste sentido, todos os sistemas están pechados operativamente a el, porque únicamente reaccionan ante as operacións internas; operacións que dan lugar a outras operacións que dan lugar a outras operacións (e así sucesivamente), pero sempre dentro dos límites do propio sistema. Nas palabras de Luhmann,
 
{{cita|''"Os sistemas defínense por aqueles modos de operación mediante os cales o sistema producese e reprodúcese a sí mesmo. Un tipo determinado de sistemas —por exemplo, os sistemas vivos, psíquicos, sociais etc.— realizanse por medio dun tipo determinado de operación. A unidade do sistema corresponde á unidade da operación que o constitúe. Dese modo queda excluida a posibilidade de caracterizar un sistema por unha pluralidade de operacións [...] Por conseguinte, partimos dunha relación circular entre os conceptos de sistema e de operación. Só pode operar un sistema e só as operacións poden producir sistemas.''