Franz Schubert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 58:
* Sinfonías (Nove). A ''primeira'' (D. 82), en re maior, dedicada a [[Franz I. Lang]], elector da escola onde estudou Schubert. A ''segunda'' (D. 125), tamén dedicada a Lang. A ''terceira'' (D. 200), a máis breve de todas polo seu ritmo enérxico. A ''cuarta'' (D. 417) coñécese como ''Tráxica'. A ''quinta'' (D. 485) é unha breve composición de gran beleza e fermosos temas. A ''sexta'' (D. 589), en do maior, coñécese como "A Pequena". A ''sétima'' (D. 721), quedou moi avanzada pero sen concluír, ó igual que a ''oitava'' (D. 759) (chamada precisamente ''Incompleta'' ou ''Inconclusa''), ten apenas dous movementos, suficientes para ser recoñecida como unha obra mestra do xénero sinfónico. A ''Sinfonía Nº 9'' (D. 944), tamén en do, chamada "A Grande", é o cumio do repertorio orquestral de Schubert. É unha sinfonía moi admirada entre os románticos, como [[Schumann]] ou [[Felix Mendelssohn|Mendelssohn]].
 
* OberturasAberturas: ''Rosamunda'' e outros segmentos de música escénica e proxectos inacabados.
 
* Música de cámara: Schubert conta con máis dunha obra mestra neste campo extenso da súa produción. Entre os cuartetos, amosa o influxo clásico e, sobre todo, beethoveniano; destaca o cuarteto coñecido como ''A morte e a doncela'' por estar baseado no ''lied'' homónimo; tríos para piano, sonatas para violín e piano, o xenial ''Quinteto para cordas en do'' caso case único de quinteto escrito para dous violoncellos), ou o '''quinteto "A Troita",'''.
 
* Música vocal: Schubert non triunfou como operista; en contrapartida, deixou máis de 600 lieder compostos en gran parte sobre poemas de Goethe, Schiller, Muller e outros autores menores. Schubert admiraba a obra de Goethe e lle adicou algunhas das súas composicións, pero o autor de ''Fausto'' nin sequera se dignou contestar. O máis famoso lied de Schubert é o ''Ave María'', habitual nos servizos relixiosos. Outra das súas composicións célebres é ''Der Erlkönig'', tamén sobre un texto de Goethe. Son moi destacables os tres ciclos de cancións ''A bela muiñeira'', ''Viaxe de inverno'' e ''O canto do cisne''. Nas súas cancións o texto e a música encóntranse perfectamente equilibradas nunha harmonía tanto intelectual como emocional. Aínda que escribiu cancións estróficas, non se limitou a uns patróns preestablecidos, senón que deu con novas e imaxinativas formas de adecuar a música ós textos. Nos últimos anos fixéronse varias excelentes gravacións dos ciclos de cancións do gran compositor vienés.