Segunda cruzada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 84:
 
===Viaxe a Xerusalén===
Luís finalmente chegou a Antioquía o 19 de marzo tras ser adiado polas tormentas; Amadeo de Savoia morrera en Chipre ao longo do camiño. Luís foi recibido polo tío de Leonor, Raimundo de Poitiers. Raimundo esperábao para axudaloxuntos naefectuar a defensa contra os turcos e acompañalo nunhafacer expedición contra Alepo, a cidade musulmá que era a porta de entrada en Edesa, mais Luís rexeitouno, preferindo rematar a súa peregrinación a Xerusalén en vez de centrarse no aspecto militar da cruzada.<ref>Brundage, James (1962). The Crusades: A Documentary History. Milwaukee, Wisconsin: Marquette University Press</ref> Leonor gozaba de permanecer en Antioquía e o seu tío suplicoulle ficar para ampliar as terras da familia e divorciarse de Luís se o rei refusaba axudar na indubidable causa militar da cruzada.<ref>Nicolle 2009, p. 54.</ref> Durante este período, houbo rumores dun amorío entre Raimundo e Leonor, o que provocou tensións no matrimonio de Luís e ela.<ref>Nicolle 2009, pp. 18, 54.</ref> Luís rapidamente partiu de Antioquía para Trípoli con Leonor prisioneira.
 
Mentres tanto, Otón de Frisinga e o resto das súas tropas chegaron a Xerusalén a comezos de abril, e Conrado pouco despois.<ref>Riley-Smith 1991, pp. 49–50.</ref> Fulque, patriarca latino de Xerusalén, foi enviado a invitar a Luís unirse a eles. A frota que parara en Lisboa chegou por esa época, así como os provenzais que deixaran Europa baixo o mando de Afonso Xordán, conde de Toulouse. Mais Afonso non chegou pois morreu en Cesarea, presuntamente envelenado por Raimundo II de Trípoli, o sobriño que temía as súas aspiracións políticas no condado. A acusación de que Raimundo envelenara Afonso fixo que gran parte das forzas provenzais volvese a casa.<ref>Nicolle 2009, p. 54.</ref> O foco orixinal da cruzada era Edesa, pero o destino preferido do rei Balduíno III e os Cabaleiros Templarios foi Damasco.<ref>Brundage 1962, pp. 115–121.</ref>