Arabia Saudita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 86:
En [[1995]] sofreu un derrame cerebral e o príncipe herdeiro, [[Abdullah bin Abdulaziz Al Saud|Abdullah]], asumiu o papel de rexente de facto, asumindo o día a día do país. Porén a súa autoridade viuse obstaculizada por conflitos cos irmáns de Fahd. Dende os 90 continuaron a verse signos de descontento e nos anos [[2003]] e [[2004]] houbo unha serie de atentados e violencia armada en Riad, Jeddah, Yanbu e Khobar. En febreiro-abril de [[2005]] houbo as primeiras eleccións municipais no país, na que as mulleres no puideron votar.
 
En [[2005]] o rei Fahd morreu e sucedeuno Abdullah, que continuou a política de reformas mínimas e de represión das protestas. O rei introduciu varias reformas económicas co obxectivo de reducir a dependencia do país dos ingresos polo petróleo: desregulación limitada, fomento da inversión estranxeira e privatización. En febreiro do [[2009]] Abdullah anunciou unha serie de cambios no poder xudicial, as forzas armadas e en varios ministerios para modernizar esas institucións. Entre eses cambios estaban a substitución de altos cargos na xudicatura e no [[Mutaween]] (a policía relixiosa), entrando persoas máis moderadas, e o nomeamento da primeira viceministra muller do país.
 
== Política ==