Alpes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Glaciares: poño foto
Eliminouse a referencia ó ficheiro "MountBlanc05.jpg" que foi borrado en Commons por Hystrix. Motivo: Per c:Commons:Deletion requests/Files uploaded by Julius07~commonswiki
Liña 229:
* O [[glaciar de Gorner]] ''(Gornergletscher)'', no Valais, cunha extensión de 68 quilómetros cadrados e un percorrido de 12 quilómetros. O clima seco daquela zona aféctalle moito e é un dos glaciares no que se aprecia mellor o fenómeno de recesión.
* O [[glaciar Argentière]], perpendicular ao val de [[Chamonix]] por encima do pobo de [[Argentière]] no departamento da [[Alta Savoia]]; xa no [[macizo do Mont Blanc]], co conxunto de glaciares que o forman, ocupa 24 quilómetros cadrados e ten un percorrido de cinco quilómetros. Este glaciar tivo durante o último século espectaculares movementos de avance, provocados pola acumulación na súa parte media de neve caída das cristas laterales, e chegou a afectar no seu movemento algunhas instalacións da estación de esquí que hai á zona. De todos os xeitos, e pese a estes avances, desde o 1900 a súa zona de fusión subiu uns 400 metros.
 
[[Ficheiro:MountBlanc05.jpg|miniatura|Zona do Mont Blanc, ''Mer de Glace'' ("Mar de Xeo") no primeiro plano.]]
* A [[Mer de Glace]] (Mar de xeo), en Vallée Blanche, tamén no macizo do Mont Blanc, con seis quilómetros de percorrido. Desde o comezo do século XX (en 1908) e como un atractivo turístico pódese visitar -a súa base- co ferrocarril de Montenvers, que sae de [[Chamonix]]. Cando se construíu este ferrocarril, a estación de chegada quedaba a uns cincuenta metros do nevoeiro, e hoxe queda case a trescentos.
* [[Glaciar des Bossons]] ''(Bossonsgletscher)''. O xeo que o formou baixa -en parte polo menos- desde o pico do Mont Blanc e ten unha forte pendente media, duns 45º, o que fai que sexa unha dos glaciares alpinos de máis rápido desprazamento, uns 190 [[metro]]s anuais. Só outros glaciares alpinos máis pequenos e empinados superan esta velocidade.