Nîmes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=xaneiro de 2016}}
[[Ficheiro:Nîmes, Centre ville.jpg|miniatura|thumb|200px300px|Vista aérea do centro de Nîmes.]]
 
'''Nîmes''' é un concello [[Francia|francés]] de 133.424 habitantes situado no departamento de [[Gard]], do que é a capital, na rexión de [[Languedoc-Roussillon]]. O seu nome na época romana era ''Nemausus''.
Liña 6 ⟶ 7:
A súa altitude máxima é de 215 m (116 m en zona urbana) e a altitude mínima é de 21 m (45 m en zona urbana). Nîmes está situada nunha « foxa » — de onde a fortes calores estivais e as frecuentes inundacións — entre sete outeiros (en realidade, só tres grandes topograficamente), como [[Roma]], particularidade que lle valeu o epíteto de « [[Roma francesa]] ». En plena [[garriga]], atópase a 35 km do [[mar Mediterráneo]], a 20 km da [[Camargue]], a 35 km dos [[Cévennes]] e a 20 km do [[río Ródano]]. Sinala a divisoria a [[Provenza]] (a súa extremidade oeste), e o [[Languedoc]] (no seu extremo leste). Nîmes está, ademais, moi próxima a outras grandes e históricas cidades: [[Arles]] (27 km), [[Avignon]] (44 km), [[Alès]] (46 km), [[Montpellier]] (54 km), ou mesmo [[Orange (Vaucluse)|Orange]] (65 km), [[Sète]] (84 km), [[Aix-en-Provence]] (95 km) e [[Marsella]] (100 km). Nîmes é a 28ª cidade que ocupa maior superficie na Francia metropolitana (161,85 km² ; Arles é a 1ª e Paris a 50ª).
 
[[Ficheiro:Nimes_dot.png|miniatura|Situación de Nîmes.]]
 
== Clima ==
Liña 20 ⟶ 21:
 
==Patrimonio==
[[Ficheiro:Torre de nimes.jpg|miniatura|dereita|250px|Torre Magna.]]
* ''Les Arenes'', [[anfiteatro]] romano do ([[século I]]). Transformado en fortaleza durante a [[Idade Media]], alberga na actualidade espectáculos diversos, mesmo corridas de touros.
* A ''[[Maison Carrée]]'', [[templo]] da época imperial (século I) colocado no centro do foro da cidade romana.
Liña 27 ⟶ 28:
* O ''Castellum'', punto de chegada do [[acueduto]] (famoso pola [[Pont du Gard]]), era un depósito para distribuír a auga na cidade. Está escavado, en parte, no rochedo.
* '''La porte d'Auguste''' (Porta de Augusto), tamén dita ''Porta de [[Arles]]'' é unha das antigas portas romanas da cidade, sobre a [[Via Domitia]] (ver Vís romanas).
* '''[[Catedral de Notre-Dame-et-Saint-Castor]]''', sobre un edificio romano flanqueado dunha maciza torre, foi enteiramente restaurada no século XIX. A destacar a capela do Rosario (chapelle du Rosaire), fermoso exemplar do Barroco do século XVII. O [[tímpano (arquitectura)|tímpano]] da fachada é unha obra mestra da [[escultura románica]].
* ''Museo de Belas Artes'' (Musée des Beaux-Arts), construído en 1907 e readaptado en 1986-87. Acolle numerosas pinturas flamengas e holandesas, obras italianas dos séculos XVI e XVII, ademais dunha extensa colección de pinturas francesas dos séculos XVIII e XIX.