Segunda cruzada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
Cando convocouse á Segunda Cruzada, moitos alemáns do sur ofrecéronse a ir como cruzados a Terra Santa. Os [[saxóns]] do norte de Alemaña estaban remisos. Nunha Dieta Imperial reunida en Fráncfort o 13 de marzo de 1147 dixeron a San Bernardo desexaren facer unha campaña contra os [[eslavos]]. O 13 de abril Uxío emitiu unha bula papal coñecida como ''Divina dispensatione'' que aprobaba o plan dos saxóns. Esta bula afirmaba non haber diferenza entre os froitos espirituais dos distintos cruzados. Os que ofrecéronse para a cruzada contra os eslavos eran principalmente daneses, saxóns e polacos,<ref>Davies, Norman (1996). Europe: A History. Oxford: Oxford University Press. p. 1365. ISBN 0-06-097468-0.</ref> aínda que tamén houbo algúns bohemios.<ref>Herrmann, Joachim (1970). Die Slawen in Deutschland. Berlin: Akademie-Verlag GmbH. p. 530.</ref> O legado papal, Anselmo de Havelberg, foi posto ao mando xeral. A campaña en si foi dirixida por familias saxoas como os Ascania, os Wettin e Schauenburg.<ref>Herrmann 1970, p. 328.</ref>
Molestos pola participación alemá na cruzada, os obodritas preventivamente invadiron Wagria, en Holsacia (Holstein), en xuño de 1147, atrasando a marcha dos cruzados ata finais do verán do mesmo ano. Tras expulsaren os obodritas do territorio cristián, os cruzados diríxironse para o forte obodrita, en Dobin, e para o forte luticio, en Demmin. As forzas que atacaron Dobin incluíron as dos daneses Canuto V e Sweyn III, Adalberto II, arcebispo de Bremen e o duque Henrique o León de Saxonia. Cando algúns cruzados propuxeron asolar os campos, outros obxectaron preguntando: "Non é a terra que estamos a devastar a nosa terra, e o pobo co que estamos a loitar o noso pobo?" <ref>Christiansen, Eric (1997). The Northern Crusades. Londres: Penguin Books. p. 287. ISBN 0-14-026653-4.</ref> O exército saxón baixo Henrique o León retirouse despois de que o xefe pagán, Niklot, acordara que a gornición de Dobin fora sometida ao bautismo.
Despois de sitiar sen éxito Demmin, os margraves desviaron un continxente de cruzados para atacar [[Pomerania]]. Chegaron á cidade xa cristiá de Stettin (Szczecin), tras o cal os cruzados, despois de reunirse co bispo Adalberto de Pomerania e o Príncipe Ratibor I de Pomerania, dispersáronse. Segundo Bernardo de Claraval, o obxectivo da cruzada era combater os eslavos pagáns[[pagán]]<nowiki/>s "ata o momento en que, coa axuda de Deus, eles sexan convertidos ou eliminados".<ref>Christiansen 1997, p. 53</ref>
Con todo, a cruzada non conseguiu alcanzar a conversión da maior parte dos wendos. Os saxóns lograron conversións en gran parte simbólicas en Dobin, e os eslavos tornaron ás súas crenzas pagás cando os exércitos cristiáns marcharon. Alberto de Pomerania explicou: "Se viran a fortalecer a fe cristiá... deberían facelo coa prédica, non coas armas".<ref>Christiansen 1997, p. 54</ref>
Para o final da cruzada, a zona rural de Mecklenburg e Pomerania foi saqueada e despoboada con moito derramamento de sangue, especialmente polas tropas de Henrique o León.<ref>Barraclough, Geoffrey (1984). The Origins of Modern Germany. New York: W. W. Norton & Company. p. 481. ISBN 0-393-30153-2.</ref> O obxectivo era debilitar para obter máis vitorias cristiás no futuro. Os habitantes eslavos tamén perderon moitos dos seus medios de produción, o cal limitou a súa futura resistencia.<ref>Herrmann, Joachim (1970). Die Slawen in Deutschland. Berlin: Akademie-Verlag GmbH. p. 530.</ref>
 
==Reconquista e caída de Lisboa==
Na primavera de 1147 o papa autorizou a expandir a cruzada á Península Ibérica no contexto da Reconquista. Tamén autorizou que [[Afonso VII de León|Afonso VII de León e Castela]] equiparase as súas campañas contra os mouros co resto da Segunda Cruzada.<ref>Riley-Smith 1991, p. 48.</ref> En maio de 1147 os primeiros continxentes de cruzados partiron de Dartmouth, Inglaterra, para Terra Santa. O mal tempo obrigou os barcos detérense no norte da costa portuguesa, na cidade de Porto, o 16 de xuño de 1147. Alí os cruzados foron convencidos de encontrarse co rei Afonso I de Portugal.<ref>Runciman 1952, p. 258.</ref>
Os cruzados conviron en axudar ao Rei a atacar Lisboa, cun acordo solemne que lles concedía a pillaxe de bens da cidade e o diñeiro do rescate polos presos que houber. O Asedio de Lisboa durou desde o 1 de xullo ata o 25 de outubro de 1147, cando, após de catro meses, os gobernantes mouros aceptaron renderse, principalmente debido á fame na cidade. A maioría dos cruzados instaláronse na cidade recentemente capturada, pero algúns deles partiron e continuaron ata Terra Santa.<ref>Runciman 1952, p. 258.</ref> Algúns, que partiran antes, axudaron a conquistar Santarém a primeiros do mesmo ano. Máis tarde tamén axudaron a tomar Sintra, Almada, Palmela e Setúbal, e foron autorizados a permanecer nas terras conquistadas, onde se estableceron e tiveron fillos.
Noutra parte da Península Ibérica, case ao mesmo tempo, Afonso VII de León, Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona e outros, comandaron un exército mixto de cataláns e cruzados franceses contra a rica cidade portuaria de Almería. Co apoio dunha frota xenovesa-pisana, a cidade foi ocupada en outubro de 1147.<ref>Riley-Smith 1991, p. 48.</ref>