Ireneu de Lión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado categoría
engado caixa
Liña 1:
{{1000}}
{{Infobox Santo
|nome= Santo Irineo de Lión
|imaxe=
|data de nacemento= primeira metade do século II
|lugar de nacemento=[[Esmirna]]?, [[Anatolia]]?, [[Imperio Romano]] (actual İzmir, [[Turquía]])
|lugar de pasamento= Lugdunum, Galia, [[Imperio Romano]], (actual Lión, Francia)
|data de pasamento= imprecisa
|conmemoración ou festividade= 28 de xuño ([[Igrexa Católica]] e [[Igrexa Luterana]]), 23 de agosto ([[Igrexa Ortodoxa|Ortodoxa Oriental]])
|venerado en= [[Igrexa anglicana|Comunión anglicana]], [[Igrexa asiria oriental]], [[Igrexa Ortodoxa|Igrexa ortodoxa oriental]], [[Igrexa luterana]], [[Igrexa católica romana]].
|data de canonización=
|canonizado por =
|santuario principal=
|imaxe tamaño=
|patrón de=
}}
 
'''Irineo''' (en [[Lingua grega|grego]] '''Εἰρηναῖος'''), nado na primeira metade do século II e finado cara ao [[202]], foi un apoloxista [[Cristianismo|cristián]] e un dos primeiros [[Pais da Igrexa]]. Foi oínte de [[Policarpo de Esmirna|Policarpo]],<ref>Eusebio de Cesarea, ''Historia Eclessiastica''. Libro V. Capítulo V.</ref> quen segundo a tradición fora discípulo de [[Xoán o Evanxelista]]. Desde 189, foi bisbo de Lugdunum, Galia, entón parte do Imperio Romano (hoxe [[Lión]], Francia). Considérase o adversario máis importante do [[gnosticismo]] do século II. A súa obra principal é ''Contra as herexías''. Os seus escritos foron decisivos nos comezos do desenvolvemento da [[teoloxía]] cristiá. Tanto a [[Igrexa Católica]] como a [[Igrexa Ortodoxa|Ortodoxa Oriental]] considérano santo. Na primeira a súa festa é o 28 de xuño,<ref>''Calendarium Romanum'' (Libreria Editrice Vaticana 1969), p. 96</ref> na segunda o 23 de agosto. A [[Luteranismo|Igrexa Luterana]]<ref>https://web.archive.org/web/20110307123411/http://www.lcms.org/pages/internal.asp?NavID=867</ref><ref>Evangelical Lutheran Church in America: Lesser Festivals and Commemorations, Evangelical Lutheran Worship, p. 16. Augsburg Fortress.</ref> conmemórao<ref>https://web.archive.org/web/20130725193225/http://www.elca.org/Growing-In-Faith/Worship/Learning-Center/FAQs/Commemorations.aspx</ref> tamén o 28 de xuño.
 
==Traxectoria==
Irineo naceu na primeira metade do século II (segundo uns, entre os anos 115 e 125, segundo outros entre 130 e 142). Crese que fora grego, nado na mesma cidade que Policarpo, [[Esmirna]], en [[Anatolia|Asia Menor]], (hoxe İzmir, [[Turquía]]).<ref>O propio Ireneo conta (Contra as herexías 3.3.4, cf Eusebio ''Historia Ecclesiastica'' 5.20.5ff) que na súa 'mocidade' viu a Policarpo, bispo de EsirnaEsmirna martirizado c156. Esta é a proba usada para supór que Irineo naceu en Esmirna arredor da década que vai de 130 a 140.</ref> A diferenza de moitos dos seus contemporáneos, non se converteu na idade adulta senón que se criou nunha familia cristiá.
 
Durante a persecución de [[Marco Aurelio]], emperador romano entre 161 e 180, Irineo foi crego da Igrexa de [[Lión]]. O clero desa cidade, que tiña moitos dos seus membros encarcerados, en 177 enviouno cunha carta para [[Eleuterio, papa|Eleuterio]], o bispo de Roma, na que pedía tratar con suavidade aos [[Montanismo|montanistas]] de [[Frixia]]. Mentres Irineo estaba en [[Roma]], en Lión ocorreu unha matanza. Xa de regreso na [[Galia]], Ireneo sucedeu ao martirizado primeiro bispo de Lión, [[Potino]].<ref>Eusebio, ''Historia Ecclesiastica'' 5.4.1</ref>