Trocado de Acci: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O monte do San Trocado, Santrocado ou San Torcuato, é un monte de pequena altitude que se atopa na marxe dereita do Miño central, a altura de Laias (concello de Cenlle), onde, ós pe...
 
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 1:
#REDIRECT [[Monte de San Trocado]]
O monte do San Trocado, Santrocado ou San Torcuato, é un monte de pequena altitude que se atopa na marxe dereita do Miño central, a altura de Laias (concello de Cenlle), onde, ós pes do monte, xorden uns manantiáis de augas medicináis, xusto onde hoxe se atopa o moderno Balneario de Laias.
 
Se empezamos a subir desde Laias (hai que ir andando, por pistas forestáis), debemos cruzar a actual autovía a Vigo, que conta coa triste historia de que, a causa da súa construcción nos anos noventa, fíxose desaparecer un importante xacemento prerromano e romano relacionado coa minería. O máis destacable deste xacemento eran unhos depósitos de mineral, tallados na rocha, e diversas construccións,das que unha delas ben puido ser un templo. Este importante xacemento figura en moitos estudos co nome de Barbantes, unha nova parroquia xurdida ó lado da de Laias, e coa que comparte unha parte do monte San Trocado. Desde aquí partía unha calzada empedrada que desembocaba no castro de Lansbriga ou de San Cibrán de Lás, ubicado en terreos dos concellos de Punxín e San Amaro. Lansbriga é o castro máis grande da comarca, chamado aínda hoxe "A Ciudá", o que da a entender a súa importancia con respecto ós outros pequenos castros que o arrodean.
 
Antes de chegar a Lansbrica, esta calzada podía ser vixiada desde o alto do monte que comentamos, o San Trocado, no que existíu tamén un pequeno poblamento castrexo. Neste lugar téñense feito algúns estudios arqueolóxicos que deron a entender que as primeiras ocupacións do San Trocado poden enmarcarse entre o Bronce Final e a Idade do Ferro Inicial, máis o menos entre os séculos VII e VI antes de Cristo, o que nos da unhas datas un pouco anteriores á ocupación de Lansbrica.
 
Ainda que empezamos a nosa ruta en Laias, a cima do monte pode ser visitada dende os concellos de Punxín e San Amaro, podendo subir desde eles en turismo sen ningún problema. O monte pertence ós tres concellos citados: Cenlle, San Amaro e Punxín, pero non existe ningún punto de información turística en ningún sitio, de momento.
 
A cima do monte do San Trocado está compartida só entre os concellos de Punxín e San Amaro, e nela ubícase unha capela, fermosa dentro da súa humildade, que ostenta nun dos seus laterais unha data, 1739, posiblemente dunha reconstrución. A capela está dentro dos límites da parroquia de San Cibrán de Lás, que garda na súa parroquial unha imaxe do santo titular. Na capela hai hoxe unha imaxe pétrea do San Trocado, que sustitúe a outra -ignoramos cómo era- que desaparecéu a finales dos anos cincuenta do século XX.
 
A festa que alí se celebraba era no 15 de maio, posible reminiscencia de cultos prerromanos. Contan os maiores que alí subían catro procesións, procedentes das catro parroquias que arrodeaban o monte (Eiras, Lás, Laias e Ourantes), xuntándose na cima e disfrutando dun ledo día de festa, despóis da "bendición dos campos" do entorno. López Cuevillas relata na súa obra "Prosas Galegas" esta celebración, que podía ser vista, según él mismo dí, polo patriarca das Letras Galegas, don Ramón Otero Pedrayo, dende a solaina do seu pazo de Trasalba (Amoeiro).
 
Xusto ó lado da capela hai un biduo ou "bidueira", e os habitantes do lugar chámanlle "o Coto". Otero Pedrayo, na súa obra "Arredor de Sí" (capítulo XII) fai unha fermosa descrición dun monte que ben poido ser inspirada no San Trocado: "Na ribeira do grande río galego, non lonxe da aldea dos Solovio, a mania curva dun meandro demarca a larganza e fartura da veiga cha, erguemento azul do coto da Bidueira. Ten as abas vestidas de piñeiráis crecedeiros e o peito asucado polas arroiadas da invernía. Os ribeiráns chámanlle coto cun senso de amor como cousa mimada, presente a todas a horas das súas sazóns, e mírano como algo vivente, pois ten o cume figura de testa de gato ou de moucho, e ata figura con certos ventos e con certos soles acenar as orelliñas feitucas (...)"
 
No concello de Amoeiro tamén se ubica un abrigo de rochas denominado "Do Raposo", desde onde tódolos solsticios de inverno pode verse cómo se pon o sol xusto na cima do San Trocado, unha proba máis do valor sagrado que o monte tiña para os nosos antergos, incluso aqueles que viviron na zona de Amoeiro.
 
Desde a súa modesta altitude (550 metros) pódese observar unha grande porción da nosa terra, destacando as vistas da Serra da Martiñá cara o norte, e do Coto de Novelle cara o sur.
 
En canto os restos arqueolóxicos, aínda se poden observar restos da muralla que arrodeaba o castro. Trátase un monton de pedras que segue unha línea algo curvada, xa que está sen restaurar, pero apréciase perfectamente como arrodea o sur e o oeste da capela. Apareceron tamén diversos restos cerámicos, posiblemente do século VI antes de Cristo os máis antigos, pero tamén os hai da época medieval. Tamén podemos ver os coñecidos "ocos" ou "cuncas" nas rochas, utilizadas en ritos de cultos prerromans. Non corto paseo polo entorno, tampouco é difícil atopar restos paleolíticos, básicamente "bifaces" en cuarzo, especialmente na súa ladeira sur.
 
O San Trocado tamén está envolto nas consabidas lendas de trabes de ouro e de alquitrán, que garda unha gran serpe, e a da galiña e os "pitiños de ouro", que son o primeiro indicio de antigos poblamentos ou de lugares sagrados.
 
A preocupación do home polos lugares altos é común a toda a Humanidade, onde a divinidade está máis cerca e pode ser posible contactar con ela, ben sexa pra pedir protección ou pra agradecer favores.
 
O santo alí venerado, un obispo de Guadix, San Torcuato, é visto nestas terras coma protector contra as tormentas. Cun raio na man, tamén era representado Xúpiter, en época romana, ó que posiblemente San Trocado suplantóu. No alto da cidade de Lansbriga, en San Cibrán de Lás, existe unha inscripción, "IOVI", ("a Xúpiter") nunha rocha de pouco máis de medio metro de altura, que ten, curiosamente, o mesmo perfil que o do monte San Trocado. E, relacionado coas tormentas, tamén temos a lenda clásica relatada por Xustino de que "teñen no seu país un monte sagrado que é impío abrir co ferro, e só cando toca o raío nas súas ladeiras pode recollerse o ouro das súas entrañas coma un presente dos deuses". Ainda que non hai constancia de que esta lenda no se refira a iste monte, non debemos tampouco desbotar esta posibilidade, anque tamén pode tratarse dunha lenda común a todos os pobos prerromanos do noroeste, onde cada tribu tería a súa propia área de culto nun monte do seu entorno.
 
Volvendo ó cristianismo, tamén debemos referirnos a veneración que nesta cume se lle dá ainda hoxe a San Isidro Labrador, o patrón dos agricultores, seguramente por coincidir a celebración do San Trocado co día de festa de San Isidro. Non faltan paisanos que identefican os dous santos, crendo que se trata do mesmo.
 
En todo caso, estamos diante dunha celebración netamente agraria, relacionada con cultos á natureza, seguramente pra pedir protección pro raio, e asegurar boas colleitas. Tampouco debemos desbotar a posibilidade de que esta festa servise nas súas orixes para favorecer intercambios entre as diversas aldeas do entorno, algo así como unha pequena feira local, e, como non, para fomentar as relacións entre as xentes dos diversos pobos que alí subían.
 
Se se visita o San Trocado, é imperdonable non dar un paseo polo seu entorno. A moi pouca distancia está o Castro de Lansbrica, edificios románicos en Ourantes e barrocos en case todas as parroquias. Diante Igrexa de San Cibrán de Lás hay un curioso cruceiro que tivo peto de ánimas e que ostenta unha grande serpe que sube polo fuste cara a cruz ¿será a serpe encantada que se esconde no Santrocado?