Matthias Grünewald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 4:
=== A identidade do pintor ===
[[Ficheiro:Mathis Gothart Grünewald 036.jpg|Retablo de Issenheim, A encarnación do fillo de Deus («Concerto dos Anxos») <br /><small>c. 1512-1515, Óleo sobre táboa<br />Museo de Unterlinden, [[Colmar]]</small>|miniatura|dereita|200px]]
A identidade de Matthias Grünewald é aínda incerta. Este nome foille posto, de xeito un tanto arbitrario, por [[Joachim von Sandrart]] (1606–1688), «o [[Giorgio Vasari|Vasari]] alemán», que, logo de case un século de esquecemento pouco menos que total, redescúbreo e fala del no seu voluminoso ''Teutsche Academie der Edlen Bau-, Bild- und Mahlerey-Künste'' ([[Enciclopedia]] dos arquitectos, escultores e pintores alemáns) de [[1675]]. Por outra banda, coñécenselle varios tipos de sinaturas – ''MGN'' con G en M, e N lateral ; ''MGN'' con G en M, e N superposta; ''MG'' con G en M e mais ''Mathis'' — que contribúen á confusión que existe sobre o seu nome auténtico: chamábase Gothart — ''o piadoso'' — apelidado Neithart — ''o tristeiro'' — ou á inversa?. Outros documentos testemuñan os seus contratos como enxeñeiro hidráulico para o xovenxove [[arcebispo de Mainz]], [[Albrecht de Brandenbourg]] (1490-1545) ou, tamén, para o arcebispo Uriel von Gemmingen de [[Aschaffenbourg]], nos que tanto é denominado Gothart, como Neithart. Eses mesmo contratos mostran, por outra banda, que as competencias como enxeñeiro deben ser entendidas nun sentido laxo, pois van desde o perforado para pozos, como a instalación de bombas e mesmo a construción dun fogón.
 
== A obra ==