Fernando I de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Victortpr (conversa | contribucións)
Achega do artigo en castelán.
Liña 1:
{{Reis de Galiza}}
'''Fernando I''', chamado '''«o Magno»''' ou '''«o Grande»''', nado en [[Burgos]] en [[1017]] e finado o [[27 de decembro]] de [[1065]], foi conde de [[Coroa de Castela|Castela]] dende [[1029]], e rei consorte de [[Reino de León|León]] e [[Reino de Galicia|Galiza]] dende o ano [[1037]], sendo unxido como tal o 22 de xuño de [[1038]].
 
Era fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de León polo seu matrimonio con Sancha, irmá do seu rei e señor, Bermudo III, contra o que se levantou en armas, o cal faleceu sen deixar descendencia loitando contra Fernando na batalla de Tamarón.
 
Os seus primeiro dezaseis anos de reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o seu reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viráronse en guerra aberta. As tropas leonesas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.
 
Levou a cabo unha enerxética actividade de [[Reconquista]], tomando as prazas de [[Lamego, Portugal|Lamego]] ([[1057]]), [[Viseu, Portugal|Viseu]] ([[1058]]) e [[Coímbra]] ([[1064]]). Amais someteu a varios dos [[Taifa|reinos de taifas]] ao pago de [[parias]] ao reino leonés. Ao morrer dividiu os seus reinos entre os seus fillos: ao primoxénito, [[Sancho II de Castela|Sancho]], correspondeulle o estado patrimonial do seu pai, o [[condado de Castela]], elevado a categoría de reino, e as parias sobre o [[Taifa de Zaragoza|reino taifa de Zaragoza]]; a [[Afonso VI de León|Afonso]], o favorito, correspondeulle o [[Reino de León]] mailo título imperial, así como os dereitos sobre o [[Taifa de Toledo|reino taifa de Toledo]]; [[García de Galicia|García]] recibiu o [[Reino de Galiza]] mailos dereitos sobre os reinos taifas de [[Taifa de Sevilla|Sevilla]] e [[Taifa de Badaxoz|Badaxoz]]; a [[Urraca de Zamora|Urraca]] e a [[Elvira de Toro|Elvira]] correspondéronlle as cidades de [[Zamora]] e [[Toro, Zamora|Toro]], respectivamente, tamén con título real, e unhas rendas adecuadas.
 
== Traxectoria ==