Muhammad IX de Granada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
Unha serie de conspiracións, intrigas e asasinatos, envolvendo sobre todo os dous clans rivais, enfraquecen o poder. Os abencerraxes, que deteñen o comando militar en [[Guadix]] e [[Íllora]], sublévanse en [[1419]] contra a autoridade do visir Alí al-Amin e poñen en práctica unha estrataxema para derrubar o mozo Muhammad VIII e substituílo no trono por Muhammad al-'Aysar. Para iso convocan os [[alfaquí]]s ([[Fiqh|xuristas]] [[Islam|islámicos]]) na gran Mesquita de Granada e incítanos a declarar ilexítimo o goberno de Muhammad VIII por mor da súa minoría de idade. Intimidados ou convencidos, os alfaquís emiten a declaración que lles pedían. O camiño para o trono queda así aberto para Muhammad al-'Aysar, que non sobe inmediatamente á [[Alhambra]], o complexo palaciano que e a sede do poder nazarí. Al-Amin réndese e o mozo emir é destituído e encerrado na prisión coa súa familia (segundo outras fontes, foi enviado para a corte dos [[Háfsidas]] en [[Tunes]]). Os habitantes de Granada alcuman o novo soberano de ''al-Aysar'' ("o zurdo").
 
Ocupou o trono en catro ocasións, alternándose en forma violenta con outros pretendentes. A súa chegada ao trono tivo lugar polo apoio dos [[Abencerraxes]] dirixidos por Iusuf ibn Sarray, opostos a Muhammad VIII.
 
Coa proclamación como sultán de [[Iusuf V de Granada|Iusuf]] ben Ismael, Muhammad IX fuxiu a [[Almería]] en [[1432]], pero pouco despois logrou recuperar Granada. Reiniciou entón as campañas militares nas fronteiras, perdendo diversas prazas. En [[1439]] asinou a paz con [[Castela]], pero en [[1445]] foi destronado por [[Muhammad X de Granada|Muhammad o Collo]].