Miguel de Cervantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Arranxiños.
Liña 26:
{{cita|Domingo, nove días do mes de outubro, ano do Señor de mil e cincocentos e corenta e sete anos, foi bautizado Miguel, fillo de Rodrigo Cervantes e o seu muller dona Leonor. Bautizouno o reverendo señor Bartolomé Serrán, cura de Nosa Señora. Testemuñas, Baltasar Vázquez, Sancristán, e eu, que lle bauticei e firme do meu nome. Bachiller Serrán.}}
 
O seu pai, de ascendencia cordobesa, chamábase Rodrigo de Cervantes e era cirurxián, oficio máis parecido ao actual practicante que á nosa idea de médico. Cervantes ten ascendencia conversa por ambas as liñas familiares, segundo sinalaron Américo Castro, Danel Eisenberg e outros cervantistas. Polo contrario, Jean Canavagxio insiste en que "non está probado" e compárao cos documentos que apoian esta ascendencia, sen lugar a dubidasdúbidas, para Mateo Alemán. A súa nai foi Leonor de Cortinas Sánchez. De pais galegos<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/especiales/2005/quijote/noticia.jsp?CAT=104&TEXTO=100000061479 Artigo] publicado en [[La Voz de Galicia]] con motivo do IV Centenario da publicación de [[Don Quixote da Mancha|O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha]]</ref>, pouco máis se sabe dela, feito en si sospeitoso de indicar un orixe converso. Os seus irmáns foron Andrés ([[1543]]), Andrea ([[1544]]); Luísa ([[1546]]), que chegou a ser prioritaria dun convento carmelita; Rodrigo ([[1550]]), tamén soldado que o acompañou no cativerio alxerino; Magdalena ([[1554]]) e Juan, só coñecido porque o seu pai o menciona no testamento.
 
Hai que notar que o apelido "Saavedra" non aparece en ningún documento nos comezos literarios de Cervantes, nin o usa ningún dos seus irmáns. De nacemento, sería "Miguel de Cervantes Cortinas". Só comezou a usar o apelido "Saavedra" despois de volver do cativerio alxerino, posibelmente para diferenciase daquel Miguel de Cervantes Cortinas desterrado da corte.