Consorcio da Zona Franca de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Ligazóns
Liña 46:
Ante este novo escenario que lle facía perder o seu carácter industrial, o Consorcio tivo que reformular a función da Zona Franca. Foi entón cando se decidiu crear no porto unha área comercial destinada a servizos, loxística, almacenamento e apoio ao tráfico internacional. Pero tamén chegara o momento de utilizar o patrimonio acumulado para seguir potenciando o crecemento económico de Vigo e iniciar outro tipo de actividades. O Consorcio da Zona Franca non tardaría en converterse nunha axencia de desenvolvemento local.
 
=== [[Axencia de desenvolvemento económico]] ===
[[Ficheiro:Monolito PTL CZFV.jpg|miniatura|Entrada ó Parque Tecnolóxico de Vigo.]]
{{Véxase tamén|Axencia de desenvolvemento económico}}
A partir de 1989, as actividades estritamente comerciais da Zona Franca comezaron a desprazarse cara ao novo enclave portuario de Bouzas, onde o Consorcio obtivera da Autoridade Portuaria a concesión dunha superficie de 144.352 metros cadrados a cambio de comprometerse a realizar as infraestruturas necesarias para terminar o espazo gañado ao mar. Ao longo da década seguinte serían ocupadas todas as instalacións e, chegado o ano 2000, houbo que ampliar a superficie ata os 200.000 metros cadrados actuais onde as mercancías dispoñen de almacenaxe cuberta e descuberta con despacho de alfándega propio. A Bouzas trasladáronse tamén as oficinas centrais do Consorcio.