Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 74:
Inicialmente as forzas serbias atacaron á poboación civil non serbia en Bosnia oriental. Despois de que as cidades e as vilas estaban aseguradas, procedían á expulsión dos seus habitantes ([[limpeza étnica]]), que en ocasións incluíu violacións e asasinatos.<ref> [http://www.un.org/icty/kunarac/trialc2/judgement/kun-tj010222e-5.htm TPII: Ataques contra a poboación civil]</ref> Os serbios tiñan superioridade (a pesar de contar con menos efectivos) debido ao armamento que recibiron do Exército Popular Iugoslavo, e estableceron o control sobre a maioría das zonas onde eran maioría relativa, ademais de zonas onde eran unha minoría significativa nas zonas rurais e rexións urbanas, excluíndo as grandes cidades de [[Saraxevo]] e [[Mostar]]. Os dirixentes militares e políticos serbios recibiron a maioría das acusacións de [[crimes de guerra]] ante o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] (TPII, ou ICTY), moitos dos cales foron condenados despois da guerra nos xuízos.
 
A maior parte da capital, Saraxevo, estivo permanentemente en mans dos bosníacos, aínda que o Goberno oficial da República de Bosnia-Herzegovina seguiu funcionando con relativa composición multiétnica. Nos 44 meses do asedio, o terror contra Saraxevo e os seus residentes variou na súa intensidade, pero o obxectivo sempre foi o mesmo: infrinxir o maior sufrimento posíbel aos civís a fin de obrigar ás autoridades bosníacas a aceptar as demandas dos serbios.<ref> [http://www.sense-agency.com/en/stream.php?sta=3&pid=9043&kat=3 TPII: Maior sufrimento ao menor risco]</ref> O [[Exército da República Srpska]] rodeou a cidade (alternativamente, as forzas serbias situábanse nos arredores de Saraievo, o chamado anel ao redor de Saraxevo), despregando tropas e artillaría nasnos colinasouteiros dos arredores no que sería o sitio máis longo na historia da guerra moderna, durante case 4 anos.
{{VT|Sitio de Saraxevo}}