Raíña de Sabá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 28:
 
=== Outras fontes islámicas ===
Segundo Ibn Kathir, ''Historias dos Profetas'', Salomón viaxou en peregrinación á MezquitaMesquita Sagrada da [[Meca]] (construída polo profeta Abraham). Logo, continuou a viaxe cara o Sur ata a cidade de [[Sanaa]], a actual capital do [[Iemen]], onde quedou impresionado polo complexo sistema de canles de irrigación (Sanaa está próxima a [[Ma'arib]], a suposta capital de Sabá). Salomón envía unha [[bubela]] a explorar o país, para logo poder detectar auga subterránea, con vistas a poder construír un sistema de canais semellante no propio país. A bubela volveu onde un amargado rei, canso de esperar, con noticias dun reino (Sabá) gobernado por unha raiña (Bilqis) adoradora do Sol.
 
O [[Corán]] non indica por onde se estendía exactamente o reino de Sabá, pero moitas fontes islámicas menciona a cidade de Ma'arib, no Iemen, como a capital de Sabá. Indagacións arqueolóxicas atoparan un templo, ''Ma'abed Bilqis'', "o templo de Bilqis", xusto en Ma'arib. Hai centos de anos unha praga de ratos furaran o dique dun encoro en Ma'arib, provocando unha chea que na práctica aniquilou a cidade e os seus habitantes. O Corán menciona na [[azora]] 34, 15-16 como o reino de Sabá fora destruído séculos despois de Bilqis, a causa de que a xente se volvera politeísta.