Pérgamo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 31:
== Historia ==
[[Ficheiro:MapaPergamo.jpg|miniatura|300px|Localización da cidade de Pérgamo na costa de Asia Menor (Turquía).]]
A lenda di que a cidade de Pérgamo foi fundada por Pérgamos, fillo de [[Neoptólemo]] e [[Andrómaca]], todos eles personaxes da [[Guerra de Troia]]. No ano [[-560]], a cidade pertencía a Creso, rei de [[Reino de Lidia|Lidia]], e tempo despois pasou a depender de [[Ciro II]] de Persia. Algunhas fontes aseguran que cando [[Alexandre o Grande]] venceu a [[Darío III]], rei dos persas, e dominou toda a Asia Menor, puxo como gobernadora de Pérgamo a [[Barsine]] que era a viúva dun comandante persa de Rodas.
 
A orixe da gran cidade que chegou a ser, está nunha cidadela situada na parte máis alta, onde o xeneral Lisímaco de Tracia gardou os seus tesouros. Crese que acaudalou unha grande riqueza, ata 9.000 talentos que xunto con outras xoais deixou naquel lugar ó coidado do gobernador da zona, chamado [[Filetero]] (outros autores chámano Filetaro ou Filetairo).