Topoisomerase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
Liña 26:
== Tipos ==
 
As topoisomerases clasifícanse en dous tipos dependendo do número de febras que corten nunha soa acción:<ref name="pmid1849888">{{Cita publicación periódica | author = Wang JC | title = DNA topoisomerases: why so many? | journal = J. Biol. Chem. | volume = 266 | issue = 11 | pages = 6659–62 | year = 1991 | month = April | pmid = 1849888 | doi = | url = http://www.jbc.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=1849888}}</ref> Ambos os tipos de topoisomerases utilizan unha tirosina conservada na catálise, pero son diferentes estruturalmente e na súa mecánica. Un vídeo deste proceso pode verse [http://www.youtube.com/watch?v=EYGrElVyHnU&feature=related aquí].
 
* A [[topoisomerase de tipo I]] corta unha febra do ADN de dobre hélice, producíndose unha relaxación, e despois a febra cortada volve a unirse. Ao cortarse unha febra, a parte da molécula que está a un lado do corte pode rotar arredor da febra non cortada, reducindo dese modo o estrés desde un enrolamento excesivo que había na hélice a un enrolamento demasiado escaso. Este estrés prodúcese cando a febra de ADN está "[[superenrolamento do ADN|superenrolada]]" ou cando non está enrolada a partir de ou para dar lugar a ordes máis altos de enrolamento. As topoisomerase de tipo I están subdivididas en dúas subclases: as de tipo IA, que comparten moitas características estruturais e no seu mecanismo de funcionamento coas de tipo II, e as de tipo IB, que utilizan un mecanismo rotatorio controlado. Exemplos de topoisomerases de tipo IA son a topo I e topo III. No pasado, as de tipo IB denominábanse topoisomerases eucarióticas topo I, pero as topoisomerases IB están presentes en todos os dominios da vida, polo que ese nome non era axeitado. Hai que salientar que as topoisomerases de tipo IA forman un intermediario covalente co [[extremo 5']] do ADN, mentres que as topoisomerases IB forman un intermediario covalente co extremo 3' do ADN. Recentemente, identificouse o tipo IC de topoisomerases, chamado topo V, o cal, aínda que é distinta estruturalmente dos tipos IA e IB, comparte un mecanismo similar coas topoisomerases de tipo IB.