Charles Darwin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 141:
 
=== Publicación da teoría da selección natural ===
[[Ficheiro:Charles Darwin by Maull and Polyblank, 1855-crop.png|miniatura|esquerda|Foto de estudo que mostra a característica testa e ollos profundos de Darwin. Di de si mesmo mestanesta foto que "se eu realmente teño tan mala expresión na face, como esa miña foto dá, como é logo que se sorprendan as miñas propias amizades dela".]]
 
A comezos do 1856 Darwin estaba investigando se os ovos e as sementes poderían sobrevivir a viaxes a través dos fluxos de corrente de auga e conseguir que as especies puideran colonizar ó longo dos océanos. [[Joseph Dalton Hooker|Hooker]] aumentaba nas súas dúbidas da visión tradicional de que as especies eran fixas, mais o seu novo amigo [[Thomas Henry Huxley]] xa era un firme detractor da transmutación das especies. [[Charles Lyell|Lyell]] estaba intrigado nas especulacións de Darwin aínda sen caer na dimensión real diso. Cando leu a publicación de [[Alfred Russel Wallace]], a "Sobre da lei que regula a introdución de novas especies", apreciou similitudes coas ideas de Darwin e fixo que se achegara a Darwin e motivalo a que publicase para establecer o seu precedente. Inda que Darwin non apreciou risco ningún, comezou a traballar na súa pequena publicación. Atopar solucións a preguntas complexas levouno a incentivalo continuamente e ampliou o seu plan de traballo a escribir un gran libro sobre as especies titulado "Selección Natural". Continuou coas súas investigacións, obtendo máis información e espécimes de naturalistas de todo o mundo, entre os cales estaba Wallace, quen traballaba en [[Borneo]]. O botánico americano [[Asa Gray]] mostrou un interese parecido e o 5 de setembro de 1857 Darwin envioulle a Gray unha lista detallada das súas ideas, onde ía un resumo de "Selección Natural". En decembro Darwin recibiu unha carta de Wallace preguntándolle se o libro ía explorar as [[Evolución humana|orixes do home]]. Respondeulle que ía evitar ese punto, "tan rodeado de prexuízos", e animouno a que postulase a súa teoría e engadiu que "Eu irei máis aló ca ti".
Liña 163:
[[Ficheiro:Editorial cartoon depicting Charles Darwin as an ape (1871).jpg|miniatura|Unha caricatura do 1871 trala publicación de ''A orixe do home'' que se fixo das típicas e na que se mostraba a Darwin con corpo de gorila, e co que realmente o estaban a popularizar como o autor principal da teoría evolutiva]]
 
O libro acadou un amplo interese internacional, con menos controversia que a que xeraran os ''Vestixios da Historia Natural da Creación''. Inda que a enfermidade de Darwin o mantivo fóra dos debates públicos, escudriñou con afán todas astódalas repostas dos científicos se facían, desde as que saían nas edicións de prensa, nas revisións, en artigos, en sátiras e caricaturas, e comentounas con colegas de todo o mundo por correspondencia postal. Darwin tan só tiña comentado que "a luz aparecerá sobre da orixe do home", mais a primeira revisión achacou que fixera con iso un credo das ideas dos "homes saídos dos monos" a partir dos ''Vestixios''. Entre as primeiras respostas favorables deuse a de Huxley aproveitándoa e rebatendo contra Richar Owen, un asentado científico ao que Huxley intentaba desbancar. En abril, a revisión de Owen atacou aos amigos de Darwin e desprestixiou as ideas destes, enfurecendo a Darwin por tal, mais Owen e outros máis comezaron a promocionar ideas de evolución guiada por forzas supernaturais.
 
A resposta da Igrexa de Inglaterra foi unha mestura. Os antigos titores de Darwin de Cambrige Adam Sedgwick e Jon Stevens Henslow desbotaron as súas ideas, mais os clérigos liberias interpretaron a selección natural como un instrumento froito do deseño de Deus, mesmo o clérigo Charles Kingsley mostrando que o via como "tan nobre como a concepción da Deidade". No [[1860]] a publicación de ''Ensaios e Revisións'' polos teólogos liberais anglicanos trataron de esvaecer a proposta de Darwin coas súas ideas que incluían a de o alto cristianismo estar sendo atacado polas autoridades da igrexa nunha herexía. O matemático Baden Powel argumentou que as milagres rompían as leis de Deus co que e louvou que "O Señor Darwin ergueu o maxistral volume do gran principio das propias forzas da natureza que evolucionan por si soas". Asa Gray debateu sobre de teoloxía con Darwin e chegou a importar e distribuír os panfletos de Grey a favor da evolución teística, a liña que é a favor de que as ensinanzas de Deus non serían contrarías a comprensión científica das evolución biolóxica, e que dicían que ''A selección natural non é inconsistente coa Teoloxía Natural''. A máis famosa das confrontacións foi en público no debate de evolución de Oxford no [[1860]], durante o encontro da ''Asociación Británica para os Avance en Ciencia'', e na que o Bispo de Oxford Samuel Wilberforce, inda que non se mostraba contrario á transmutación de especies, refutou a explicación de Darwin de que os homes proviñan de [[Antropomorfos|primates]]. [[Joseph Hooker]] argumentou moi a favor de Darwin e Thomas Huxley fixo a súa histórica afirmación, que prefería ben ter sido descendente dun primate máis ca dun humano que desaproveita os seus regalos, e que chegaría a ser un símbolo do triunfo da ciencia sobre da relixión.