Castelo de Santo Antón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 35:
O [[enxeñeiro]] Fratín, inspector de fortificacións de [[Filipe II de España|Filipe II]], referendou o lugar en 1581<ref>Adelaida Riveira Bullón: [http://ruc.udc.es/bitstream/2183/11728/2/RiveiraBullon_Adelaida_DTCOM_2013.pdf ''Reconstrucción infográfica y volumétrica de las etapas constructivas del Castillo de San Antón'']. 2013. [[Universidade da Coruña|UDC]] {{es}}]</ref> e o rei autorizou a súa construción, que levou a cabo o profesor da Real Academia de Matemáticas, o enxeñeiro alférez Pedro Rodríguez Muñiz, que se atopaba en Galicia ao servizo do [[Capitán Xeneral]] [[Marquesado de Cerralbo|Marqués de Cerralbo]].<ref name="GDAG"/>
 
A obra iniciouse no ano [[1587]], tal e como indica unha inscrición situada a carón do escudo do Marqués de Cerralbo da portada da fortaleza.<ref name="ANGELDC">{{cita libro|apelidos={{Versaleta|Castillo}}|nome={{Versaleta|Ángel del}}|ligazónautor=Ángel del Castillo |título=Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia)<sup>[ | url= http://www.fundacionbarrie.org/index.php?page=shop.product_details&flypage=flypage.tpl&category_id=8&product_id=163&vmcchk=1&option=com_virtuemart&Itemid=64]</sup> |ano=1987|anoorixinal=1972|edición=2ª|editor=[[Fundación Pedro Barrié de la Maza]]|isbn=84-85728-62-9|localización=A Coruña|páxina=261}}</ref>
[[Ficheiro:San anton castle cistern.jpg|miniatura|esquerda|[[Alxibe]] no interior.]]
Deseñou un modelo italiano adaptado a unha illa. Algún documento fala do uso para a construción de [[perpiaño]]s da [[escaleira]] exterior estragada da [[Torre de Hércules]].<ref name="PXOM"/><ref name="GDAG"/> A pedra da antiga muralla da cidade tamén foi utilizada para a súa construción.