Xenocidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 5:
A palabra ''xenocidio'' foi creada por [[Raphael Lemkin]], xudeu de [[Polonia]], en [[1944]], das raíces ''genos'' (término [[lingua grega|grego]] que significa familia, tribo ou raza) e ''-cidio'' (do [[latín]] ''-cidere'', forma combinatoria de ''caedere'', matar). Lemkin quería referirse con este termo ás matanzas por motivos raciais, nacionais ou relixiosos. Loitou para que as normas internacionais definisen e prohibisen o xenocidio.
 
O Acordo ou [[Carta de Londres]] do [[8 de agosto]] de [[1945]], que estableceu o Estatuto do [[Xuízos de Nuremberg|Tribunal de Nuremberg]], definiu como "«crimes contra a humanidade"» os asasinatos e outras agresións contra calquera poboación civil ou as persecucións por motivos políticos, raciais ou relixiosos. En 1946, a [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas]] confirmou os principios de Dereito internacional recoñecidos polo Estatuto do Tribunal e proclamou a resolución 96 (I) sobre o crime de xenocidio, que define como "«unha negación do dereito de existencia a grupos humanos enteiros"», entre eles os "«raciais, relixiosos ou políticos"», instando a tomar as medidas necesarias para a prevención e sanción deste crime.
 
Esta resolución cristalizou na Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 260 A (III), do [[9 de decembro]] de [[1948]], e que entrou en vigor en [[1951]].
Liña 26:
 
== Controversia sobre o alcance do concepto ==
Debateuse moito sobre o sentido e alcance da palabra ''xenocidio''. Non se trata de algo relacionado coa guerra, pois, segundo [[Karl von Clausewitz]], a fin da [[guerra]] é desarmar ao inimigo, non exterminalo. O xenocidio ou asasinato en masa tamén se diferenza do [[asasinato]] en serie, que consiste no asasinato sucesivo e periódico de persoas illadas, mentres que o xenocidio é "''«unha negación do dereito de existencia a grupos humanos enteiros''"», de acordo coa [[Asemblea Xeral de Nacións Unidas]]. O xenocidio ten, neste sentido, un carácter masivo, polo que con frecuencia necesita da colaboración efectiva dunha estrutura social.
 
Algunhas das críticas ao alcance do concepto de xenocidio céntranse no feito de que non se considere como tal máis que os actos realizados contra grupos nacionais, étnicos, raciais e relixiosos, e non os realizados por outros motivos, como os sociais ou políticos. Aínda que o borrador inicial da [[Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio]] contemplaba e estendía a definición de xenocidio a estas matanzas, posteriormente eliminouse a referencia ante a necesidade de contar co apoio do bloque comunista (representado maioritariamente pola [[URSS]]), que obxectou esta acepción.