Wikipedia:Biografías de persoas vivas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 12:
Terase especial coidado co contido non enciclopédico e o relativo á vida privada das persoas, que debe ser evitado se non existiren razóns importantes para a súa inclusión.
 
==TonEstilo dos artigos de Biografías de persoas vivas==
{{VT|Wikipedia:Punto de vista neutral|Wikipedia:Verificabilidade}}
===Ton dos artigos===
As biografías de persoas vivas deben estar escritas de forma responsable e coidadosa, cun ton ausente de paixón, evitando tanto a narración incompleta coma as esaxeracións. Os artigos deben estar documentar de forma [[Wikipedia:Punto de vista neutral|neutral]] a información dispoñible que estea publicada por fontes [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria#Fontes primarias, secundarias e terciarias|secundarias]] e [[Wikipedia:Fontes fiables|fiables]] sobre o suxeito do artigo, sendo aceptables as fontes primarias nas circunstancias axeitadas para incluír información auto publicada polo suxeito. As biografías de persoas vivas non deberían conter seccións de "Curiosidades".
 
===Balance dos artigos===
{{VT|Wikipedia:Fontes fiables}}
Os eloxios e críticas poden incluírse cando estean referenciadas por fontes secundarias fiables, sempre que o conxunto se presente de forma responsable, conservativa e neutral. Non se debe asignar un espazo desproporcionado a un punto de vista en particular. Os puntos de vista marxinais deben evitarse por completo. O conxunto do artigo debe seguir unha estrutura coidada asegurando que a presentación xeral e as cabeceiras sexan todo o neutral posibles.
 
A idea de que todo artigo da Wikipedia é un traballo en progreso e que polo tanto é aceptable que un artigo non sexa neutral temporalmente xa que será arranxado có tempo non aplica nas biografías de persoas vivas. Debido ao potencial impacto nas propias vidas dos suxeitos, deben ser neutrais e xustas en todo momento.
 
===Páxinas de ataque===
As páxinas sen fontes fiables e con ton negativo, cunha obvia intención de danar ao suxeito, deben borrarse inmediatamente se non existe unha versión neutral á que se poida volver. A creación deste tipo de páxinas, especialmente cando se fai de forma reiterada ou de mala fe, pode dar lugar a un [[Wikipedia:Política de bloqueos|bloqueo]] inmediato.
 
==Fontes fiables==
{{VT|Wikipedia:Fontes fiables}}
A política de [[WP:V|Verificabilidade]] indica que calquera material '''cuestionable ou suxeito a ser cuestionable''' deben atribuírse a unha fonte acreditada mediante unha [[Wikipedia:Citar as fontes|referencia]]. Esta política estende este principio, engadindo que calquera información conflitiva sobre unha persoa viva que non estea referenciada ou non teña referencias axeitadas debería eliminarse inmediatamente sen discusión previa. Isto aplica independentemente de se a información é negativa, positiva ou simplemente cuestionable, tanto no artigo biográfico coma noutros artigos nos que se referencie a dita persoa. A información sobre unha persoa viva non debería incluírse nun artigo cando a única fonte de información sexan medios de [[prensa amarela]]. Cando unha información sexa verificable e notable, terá aparecido en fontes máis fiables.
 
Este tipo de informacións potencialmente conflitivas deben '''eliminarse de inmediato''' cando:
#Non están referenciadas ou non están apoiadas por fontes fiables.
#Son conxeturas ou interpretacións dunha fonte (ver [[WP:NFP]])
#Só se apoia en fontes auto-publicadas, agás que estean escritas polo suxeito da biografía (ver [[#Usar fontes propias autopublicadas polo suxeito da biografía|embaixo]])
#Só se apoia en fontes que non cumpren os estándares de [[Wikipedia:Verificabilidade|verificabilidade]].
 
===Usar fontes propias autopublicadas polo suxeito da biografía===
As persoas vivas poden publicar materiais sobre si mesmos, a través de medios como notas de prensa ou páxinas web persoais. Este tipo de información pode usarse como fonte só cando:
# Non sexa puramente promocional ou interesada.
# Non inclúa afirmacións sobre terceiros.
# Non inclúa afirmacións sobre eventos non relacionados directamente co suxeito.
# Non exista unha dúbida razoable sobre a súa autenticidade.
# O artigo non se base única ou principalmente neste tipo de fontes.
 
==Aplicación a persoas finadas, corporacións ou grupos==