Juan Manuel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
== Biografía ==
Don Juan Manuel naceu no [[Castelo de Escalona]], na provincia de [[provincia de Toledo|Toledo]]. Súa última carta, datada no [[Castelo de Garcimuñoz]] o 12 de outubro de 1348, demostra que faleceu despois do 5 de maio, data que na maior parte dos libros sostense como a oficial da súa defunción.{{Harvnp|González Muñoz|1998|p=109}}
Por ser fillo do infante [[Manuel de Castela]], era sobriño do rei [[Afonso X|Afonso X el Sabio]] e neto de [[Fernando III de Castela|Fernando III o Santo]].{{Harvnp|Herrera Casado|1993|p=}} Ficou orfo de pai en 1283 e de nai en 1290, cando tiña oito anos, e foi o rei Sancho IV de Castela o seu tutor.{{Harvnp|Herrera Casado|1993|p=}} Herdou do seu pai o gran [[señorío de Villena]], e o de [[Escalona (Toledo)|Escalona]]; [[Peñafiel]] foi unha doacióndoazón de [[Sancho IV]] por mor do seu nacemento. Posteriormente, en 1330, recibíu o título vitalicio de príncipe de [[Villena]] mercé de [[Afonso IV de Aragón]].
A súa biografía é ben coñecida grazas aos traballos de [[Andrés Giménez Soler]] e [[Aurelio Pretel Marín]]. Foi educado como un nobre, en artes como a [[equitación]], a [[caza]] ou a [[esgrima]], mais os seus aios preocupáronse de que aprendise amais [[latín]], [[historia]], [[dereito]] e [[teoloxía]]; desta completísima educación hai recordos no capítulo LXVII do seu ''[[Libro de los estados]]''. Aínda que nalgunhas ocasións proclamábase leigo nas súas obras, esa declaración era convencional e obedecía ao tópico da humildade, para compartir a ignorancia do seu público por cortesía pedagóxica; en realidade era un sabio con coñecementos enciclopédicos, que dominaba o latín e o italiano, aínda que non o grego.
A súa relixiosidade era de inclinación tomista, vinculada á [[orde de Santo Domingo]].{{Harvnp|Pedraza Jiménez e Rodríguez Cáceres|1981|p=}} Literariamente, a súa formación incluiu a lectura de diversos poemas do [[mester de clerecía]] (''[[Libro de Alexandre]]'', ''[[Libro de Apolonio]]''...), os tratados de [[Raimundo Lulio]], a obra de [[Afonso X]] (especialmente, a ''[[Estoria de España]]''), varios libros doutrinais como a ''[[Disciplina clericalis]]'' de [[Pedro Alfonso]], e coleccións de sentenzas, proverbios e ditos de sabios traducidos de linguas orientais ou do latín ao castelán (''[[Calila e Dimna]]'', ''[[Sendebar]]''...), etc.