Juan Manuel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 5:
== Biografía ==
Don Juan Manuel naceu no [[Castelo de Escalona]], na provincia de [[provincia de Toledo|Toledo]]. Súa última carta, datada no [[Castelo de Garcimuñoz]] o 12 de outubro de 1348, demostra que faleceu despois do 5 de maio, data que na maior parte dos libros sostense como a oficial da súa defunción.{{Harvnp|González Muñoz|1998|p=109}}
Por ser fillo do infante [[Manuel de Castela]], era sobriño do rei [[Afonso X|Afonso X el Sabio]] e neto de [[Fernando III de Castela|Fernando III o Santo]].{{Harvnp|Herrera Casado|1993|p=}} Ficou orfo de pai en 1283 e de nai en 1290, cando tiña oito anos, e foi o rei Sancho IV de Castela o seu tutor.{{Harvnp|Herrera Casado|1993|p=}} Herdou do seu pai o gran [[señorío de Villena]], e o de [[Escalona (Toledo)|Escalona]]; [[Peñafiel]] foi unha doación de [[Sancho IV]] por mor do seu nacemento. Posteriormente, en 1330, recibíu o título vitalicio de príncipe de [[Villena]] mercé de [[Afonso IV de Aragón]].
A súa biografía é ben coñecida grazas aos traballos de [[Andrés Giménez Soler]] e [[Aurelio Pretel Marín]]. Foi educado como un nobre, en artes como a [[equitación]], a [[caza]] ou a [[esgrima]], miasmais os seus aios preocupáronse de que aprendise amais [[latín]], [[historia]], [[direitodereito]] e [[teoloxía]]; desta completísima educación hai recordos no capítulo LXVII do seu ''[[Libro de los estados]]''. Aínda que nalgunhas ocasións proclamábase leigo nas súas obras, esa declaración era convencional e obedecía ao tópico da humildade, para compartir a ignorancia do seu público por cortesía pedagóxica; en realidade era un sabio con coñecementos enciclopédicos, que dominaba o latín e o italiano, aínda que non o grego.
A súa relixiosidade era de inclinación tomista, vinculada á [[orde de Santo Domingo]].{{Harvnp|Pedraza Jiménez e Rodríguez Cáceres|1981|p=}} Literariamente, a súa formación incluiu a lectura de diversos poemas do [[mester de clerecía]] (''[[Libro de Alexandre]]'', ''[[Libro de Apolonio]]''...), os tratados de [[Raimundo Lulio]], a obra de [[Afonso X]] (especialmente, a ''[[Estoria de España]]''), varios libros doutrinais como a ''[[Disciplina clericalis]]'' de [[Pedro Alfonso]], e coleccións de sentenzas, proverbios e ditos de sabios traducidos de linguas orientais ou do latín ao castelán (''[[Calila e Dimna]]'', ''[[Sendebar]]''...), etc.
Era un grande afeccionado á caza, disciplina á que dedica por enteiro o ''Libro de la Caça''. Nel descríbese a fauna de gran parte dos seus señoríos, pois coñecíaa polas súas experiencias cinexéticas, especialmente a caza con falcóns. No devandito libro tamén realiza descricións xeográficas dos términos municipais que menciona.
Cando tiña oito anos perdeu aos seus pais e puido dispor do amplo patrimonio da súa familia; aos seus doce anos participou na guerra para conter o ataque dos mouros de [[Reino nazarí de Granada|Granada]] contra [[Reino de Murcia (Coroa de Castela)|Murcia]]. Na loita dinástica suscitada en [[Castela]] por causa da morte de [[Fernando de la Cerda]], primoxénito de Afonso X o Sabio, don Juan Manuel estivo sempre a favor de [[Sancho IV de Castela|Sancho IV]], como tamén estivera o seu pai, e o rei correspondeu a esta lealtade concedéndolle a súa protección. Casou tres veces, escollendo ás súas esposas por conveniencia política e económica e, cando tivo fillos, esforzouse por casalos con persoas pertencentes á realeza. A primeira das súas esposas foi [[Isabel de Mallorca (m. 1301)|Isabel]], filla de [[Xaime II de Mallorca]], con quen casou en 1299; porén, faleceu dous anos máis tarde. Ao morrer [[Sancho IV]], incumpríu a súa promesa de protexer á raíña rexente [[María de Molina]] na minoría de idade do futuro [[Fernando IV de Castela|Fernando IV]]: oprimíunos con todo tipo de esixencias e mostrouse pouco fiel, buscando a alianza de [[Xaime II de Aragón]], para iso pedíulle en 1303 a man da súa filla Constanza, que aínda tiña seis anos, polo que quedaría recluida no castelo de Villena durante outros seis anos, ata casar con ela en 1311, cando cumpríu doce anos. Durante a minoría de idade de [[Afonso XI]] foi correxente do reino ata que o propio monarca obrigouno a deixar o cargo.
[[Archivo:Castillo villena.JPG|miniaturadeimagen|[[Castillo de la Atalaya]] en Villena (Alicante)]]
Casou tres veces, escollendo ás súas esposas por conveniencia política e económica e, cando tivo fillos, esforzouse por casalos con persoas pertencentes á realeza. A primeira das súas esposas foi [[Isabel de Mallorca (m. 1301)|Isabel]], filla de [[Xaime II de Mallorca]], con quen casou en 1299; porén, faleceu dous anos máis tarde. Ao morrer [[Sancho IV]], incumpríu a súa promesa de protexer á raíña rexente [[María de Molina]] na minoría de idade do futuro [[Fernando IV de Castela|Fernando IV]]: oprimíunos con todo tipo de esixencias e mostrouse pouco fiel, buscando a alianza de [[Xaime II de Aragón]], para iso pedíulle en 1303 a man da súa filla Constanza, que aínda tiña seis anos, polo que quedaría recluida no castelo de Villena durante outros seis anos, ata casar con ela en 1311, cando cumpríu doce anos. Durante a minoría de idade de [[Afonso XI]] foi correxente do reino ata que o propio monarca obrigouno a deixar o cargo.
En outubro de 1325 foi nomeado por Afonso XI [[Adiantado maior de Andalucía]],{{Harvnp|Vázquez Campos|2006|p=305}} e o día 29 de agosto de 1326 derrotou aos granadinos e ao xeneral meriní [[Abu Said Utman ben Abi-l-Ula]], máis coñecido entre os casteláns como [[Ozmín]], na [[batalla de Guadalhorce]], onde morreron uns 3000 musulmáns.{{Harvnp|O'Callaghan|2011|pp=149-150}}
Durante o reinado de Afonso XI mostrou o seu carácter inquieto e rebelde, por exemplo cando se anoxou porque o rei non quixo casar coa súa filla Constanza e declaroulle a guerra coa axuda do rei de Granada; feitas as paces, recobrou o cargo de [[Adiantado maior de Murcia]] que perdera con esa situación e,{{Harvnp|Herrera Casado|1993|p=}} xa viúvo, volveu a casar, en terceiras nupcias, con [[Blanca Núñez de Lara]]; entón tivo outro enfrontamento co rei Afonso XI, a quen non quixo achegar as súas mesnadas para cercar [[Xibraltar]]; tras unha nova reconciliación, volveu a atopar un motivo de queixa laboriosamente inventado e acusou ao rei de non permitir que a súa filla Constanza casase co infante [[Pedro I de Portugal|Pedro]], futuro rei co nome de [[Pedro I de Portugal|Pedro I]]; recobrou a graza real a tempo para participar na importante [[batalla do Salado]] contra os [[benimerines]] e na ulterior conquista de [[Alxeciras]].