Peroxidase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 80:
 
== Grupo das peroxidases ==
Catalizan reaccións [[bisustratobisubstrato]] de carácter [[redox]], utilizando un [[peróxido]] como oxidante (ao que deben o seu nome) e un segundo substrato de características redutoras que é oxidado polo [[peróxido]].
 
En [[planta]]s, salienta a [[peroxidase do ravo picante]] (''[[Armoracia rusticana]]'') (ou HRP, do inglés ''horseradish peroxidase''), que ten grandes aplicaciones en técnicas inmunoquímicas e de diagnóstico clínico debido á súa grande estabilidade, facilidade de conxugación coas [[inmunoglobulina]]s e sinxeleza para detectala por métodos colorimétricos utilizando un gran número de [[reactivo]]s. En [[animalia|animais]], existen peroxidases cunha función predominantemente defensiva na [[saliva]], o [[leite]] ou os [[leucocito]]s, das que se aproveita o carácter oxidante con fins xermicidas e bactericidas do peróxido que se xera de forma endóxena mediante outras reaccións (glicosa oxidase, aminoácido oxidase etc.). Non todas as peroxidases son defensivas, e por exemplo unha peroxidase ([[ioduro peroxidas]]) é a responsable da síntese das [[hormona tiroidea|hormonas tiroideas]], oxidando neste caso o ioduro a [[iodo]] para que este se adicione a algúns dos aneis [[fenol|fenólicos]] dos residuos de [[tirosina]] da [[tiroglobulina]]. Outras peroxidases, como a [[glutatión peroxidase]], está amplamente distribuída en diversos tecidos con fins diferentes, pero relacionados cunha función antioxidante.