Ramón Lugrís: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Nado en [[Ferrol]] nunha familia republicana e o seu pai e mais seu tío sufriron represión económica e persoal na posguerra. Ao rematar a [[Guerra Civil española|Guerra]], , trasladouse a [[Santiago de Compostela]] de neno ([[1939]]), dado que o seu pai traballaba como comercial en ''[[El Correo Gallego]]'', e a cabeceira trasladárase de Ferrol a Santiago. Estou a escola e mais o bacharelato en Santiago, e preparou o acceso á [[universidade]] con [[Francisco Río Barxa]].
Traballou en [[Londres]] como redactor da sección española da [[BBC]], e posteriormente en [[Nova York]] para a [[ONU]]. Colaborou en ''[[Grial (revista)|Grial]]'' e en [[IGADI]].
 
Marchou cunha bolsa de ''[[El Correo Gallego]]'' a estudar a Barcelona, onde compaxinou os estudos co traballo como lector de prensa internacional para unha asociación relixiosa de perfil [[carlismocarlista]]. Nas vacacións de verán contacta en Santiago coa tertulia do Derby, e coñece a [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Manuel Beiras]], [[Ramón Piñeiro]], [[Xosé Mosquera]], [[Francisco Fernández del Riego]], [[Domingo García Sabell]], [[Borobó]] e [[Ramón Cabanillas]].
 
Posteriormente nuclea ao seu redor un grupo con outros mozos do seu tempo, como [[Xosé Luis Franco Grande]], [[Manuel Vidán]], [[Gonzalo Rodríguez Mourullo]], [[Baldomero Cores]] ou [[Otero Guldrís]]. Ese grupo dará orixe á [[Xeración das Festas Minervais]]. Mais ao cabo de tres anos, en [[1957]], Lugrís marcha traballar a [[Londres]], á [[BBC]], onde traballou coma redactor da sección española da [[BBC]]. Alí coñeceu a [[Fernando Pérez-Barreiro]] e a [[Eduard Punset]], cos que traballou. Tamén fixo de correspondente en [[Londres]] para [[Radio Nacional de España]].
 
En [[1962]] rematoulle o contrato en Londres, e tras traballar como tradutor brevemente en [[Accra]], marchou a [[Nova York]] onde traballou como tradutor na Secretaría Xeral da [[ONU]]. Alí coñeceu a [[Emilio González López]], [[Enrique Santamarina]], [[Leonardo Santamarina]], [[Emilio Flórez]] e [[Ernesto Guerra da Cal]]. Desde América participa na fundación do [[Partido Socialista Galego]] en [[1963]]. En [[1965]] deixa a ONU e marcha á [[Organización Mundial do Café]] en [[Londres]] para traballar como tradutor. Ao pouco deixa a organización, onde será substituído por [[Fernando Pérez-Barreiro]], e volve ao eido do xornalismo, nunha axencia de colaboradores de política internacional, baseada en Londres, pero centrada na política de [[América Latina]]. Alí coñeceu a intelectuais e xornalistas americanos como [[Mario Vargas Llosa]] ou [[Antonio Cisneros]].
 
En [[1969]] instálase de novo en [[España]], en [[Madrid]], neste caso para traballar para a axencia de noticias oficial [[EFE]] onde se encargou de servizos de corresponsalía internos. Posteriormente marchou a [[Brasil]], tamén como correspondente. Logo dun ano en [[Río de Xaneiro]] abandonou definitivamente o xornalismo e dedicouse á tradución como freelance.
 
Ao retirarse viviu entre Madrid, Londres e [[Cidade Real]].
 
Colaborou en ''[[Grial (revista)|Grial]]'' e co [[IGADI]].
 
==Vida persoal==
Estivo casado con Miren Rahm, tamén tradutora, coa que casou durante a súa estadía en Londres.
 
==Obras==