Pazo de Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
O '''Pazo de Hermida''' é unha construción civil situada en [[Lestrobe, Dodro, Dodro|Lestrobe]], un dos lugares máis singulares do concello de [[Dodro]]. Está declarado [[Ben de Interese Cultural]] con categoría de monumento. É coñecido tamén como '''Torres de Lestrobe''', e actualmente é unha casa de [[turismo rural]].
 
== Características ==
Encóntrase situado nunha ladeira e cunha boa vista de [[Padrón]] e do val. Atópase nun terreo de máis de 500 [[ferrado]]s<ref name="ferrado">Un ferrado equivale a 420 m² no concello de Dodro.</ref>, unha das extensións máis grandes da comarca. Esta parcela está amurallada de pedra e repoboada de piñeiros na parte máis afastada da edificación. A situación na que se encontra o edificio crea un recanto moi agradable, cuberto por unha viña e cunha fonte de pedra no extremo.
 
Liña 18:
Este pazo atopábase deshabitado e case arruinado na década de 1990, sendo rehabilitado a finais do [[século XX]].
 
== Historia ==
Neste casal dos Hermida o historiador de Galicia [[Manuel Murguía]], esposo da poeta [[Rosalía de Castro]], constatou a existencia de fragmentos de ladrillo romanos, tellas e pedras que constituían o xacemento dun castro.
 
Hai documentos que indican que este lugar debeu ser residencia dun xefe na [[Idade Media]]. Cítase o pazo de Hermida en gran número de documentos medievais; aparece na [[Lírica galego-portuguesa#Profana|lírica profana galego-portuguesa]] e tamén se menciona nas [[Cantigas de Santa María]]<ref name="cantigas_Sta.María">[[Manuel Lorenzo Baleirón]]: [http://www.concellodedodro.org/c/document_library/get_file?uuid=6ab9e609-264f-48da-901b-e27ecf6a3a3b&groupId=12226 "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga", en pdf], páxina 227.</ref>. A construción orixinal eran dúas torres defensivas pero debido a diversas incursións, sufriron danos, ata que se reconstruíron no século XVII uníndoas por un corredor e converténdose deste xeito no pazo que é na actualidade.
 
Antigamente na horta deste pazo había un frondoso [[érbedo]] que viu como co paso dos anos se formaba nel, a pouca altura do chan, un asento. Dise que era o lugar predilecto de Rosalía, dende o que admiraba a fermosura da paisaxe e no que concibiu cantares e poesías de seu. Trala morte da súa nai en 1868, a poetisa galega, refuxiouse nas Torres de Lestrobe. En 1881 escribiu neste lugar ''Padrón y las inundaciones'' e pénsase que tamén deu vida ou retomou no pazo obras coma ''[[Follas novas]]'', ''El primer loco'', ''Costumbres Gallegas'', ''El Domingo de Ramos'' e ''Cartas a Murguía''.
 
Un dos propietarios deste pazo naquel entón, Gregorio Antonio de Hermida, estaba casado coa tía materna de Rosalía de Castro, sendo este o motivo polo que o matrimonio pasou longas tempadas en Lestrobe, convidados por [[José de la Hermida]], curmán de Rosalía. En Lestrobe naceron os xemelgos [[Ovidio Murguía Castro|Ovidio]] e Gala (Gala Blanca Eleonora), fillos do matrimonio, o 2 de xullo do 1871.
Liña 31:
No terceiro aniversario do pacto, xa en plena República volveron reunirse case todos os asistentes, no mesmo lugar para ofrendar a Vázquez Batalla cun pergameo en conmemoración da data daquel acto. O pergameo, coa bandeira republicana, conservase no pazo de Hermida ao igual que a mesa onde se asinou o pacto.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Silvia Figueira: ''Dodro, un concello para ver''. Concello de Dodro.
* A. Rial e Paz Gago (outubro de 1992): ''Dodro, Guía Turística''. Concello de Dodro. Tradución ao galego de [[Anxo Angueira]]. Depósito legal: 1651-92.
* Xosé Luis Laredo, J. M. Laredo, Efrén Vázquez Vázquez: ''Dodro/Lousame/Rois''. Deputación Provincial de A Coruña. Depósito legal: C. 1341-1989
 
{{ORDENAR:Hermida, pazo de}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pazos da provincia da Coruña]]
[[Categoría:Dodro]]