Pierre Simon Laplace: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 16:
 
== Biografía ==
Nado nunha familia de granxeiros da baixa [[Normandía]], marchou estudar na [[Universidade de Caen]] onde foi recomendado a [[D'Alembert]], quen, impresionado pola súa habilidade matemática, o recomendou para un posto de profesor na Escola Militar de París en [[1767]], onde tivo entre os seus discípulos a [[Napoleón]]. En [[1785]] foi nomeado membro da [[Academia de Ciencias de Francia| Academia de Ciencias]] e en [[1795]], membro da cátedra de matemáticas do Novo Instituto das Ciencias e as Artes, que presidiría en [[1812]]. En [[1788]], casou coa xove Marie-Charlotte de Courty de Romanges, pertencente a unha familia de [[Besançon]] e 20 anos máis nova ca el, con quen tivo dous fillos: Sophie-Suzanne e Charles-Émile, nado en [[1789]] e que alcanzaría o grao de xeneral.
 
En [[1799]] foi nomeado ministro do interior durante o [[Consulado (Francia)|Consulado]], aínda que non estivo no cargo máis de seis semanas. O seu antigo alumno [[Napoleón Bonaparte|Napoléon I]] conferiulle en [[1805]] a [[lexión de honra]] e en [[1806]] o título de conde do [[Primeiro Imperio francés|Imperio]]. . En [[1816]] foi elixido membro da Academia Francesa. A pesar do seu pasado bonapartista, trala [[Segunda Restauración|restauración]] dos [[Borbón]]s foi bastante hábil como para conseguir ser nomeado marqués en [[1817]].<ref>[http://www.academie-francaise.fr/immortels/base/academiciens/fiche.asp?param=336 Biografía] da [[Académie française]]</ref>
 
== Obra ==
En [[1795]], Laplace empezou a publicar o primeiro dos cinco volumes que constitúen a súa ''Mecánica celeste'' e en [[1796]] imprimiu a súa ''Exposition du système du monde'', onde revela a súa [[hipótese nebular]] sobre a formación do [[sistema solar]] a partir dunha [[nebulosa]] ou remuíño de po e gas. Aínda que con moito maior detalle e múltiples refinamentos, esta "[[Hipótese nebular]]" permanece nos nosos días como o fundamento básico de toda a teoría da formación estelar.
 
Liña 30:
 
En [[1812]] publicou a súa ''Teoría analítica das probabilidades'' e en [[1814]] o seu ''Ensaio filosófico sobre a probabilidade''
sentou as bases científicas da [[Teoría da probabilidade|teoría matemática de probabilidades]]. Entre outros logros, formulou Laplace por primeira vez o [[teorema central do límite]] e deu unha demostración formal do método dos mínimos cadrados, fundamental para a teoría de erros, que tiña sido exposto empíricamente por [[Gauss|Gauss]]. Laplace creou unha curiosa fórmula para expresar a [[probabilidade]] de que o [[Sol]] saíra polo horizonte. El dicía que a probabilidade era de <math>(d+1)/(d+2)</math>, onde d é o número de días que o sol saíu no pasado. Laplace dicía que esta fórmula, que era coñecida como a [[regra de sucesión]], podía aplicarse en todos os casos onde non sabemos nada, ou onde o que coñeciamos foi cambiado polo que non. Aínda é usada como un estimador da probabilidade dun evento, se sabemos o lugar do evento, pero só temos moi poucas mostras del.
 
== Conviccións filosóficas ==
Laplace cría fortemente no [[determinismo]] causal, tal como pode apreciarse na seguinte cita:
 
{{cita|Podemos mirar o estado presente do universo como o efecto do pasado e a causa do seu futuro. Poderíase concebir un intelecto que en cualquera momento dado coñecera todas as forzas que animan a [[natureza]] e as posicións dos seres que a compoñen; se este intelecto fora o suficientemente amplo como para someter os datos a análise, podería condensar nunha sinxela fórmula o movimento dos grandes corpos do universo e do átomo máis lixeiro; para tal intelecto nada podería ser incerto e o futuro así como o pasado estarían fronte aos seus ollos.}}
 
Este intelecto hipotético capaz de coñecer o devenir de todo o que existe tense coñecido como o ''demo de Laplace'' (cf. [[demo de Maxwell]]). Os descubrimentos da [[ciencia]] moderna, especialmente a [[Mecánica cuántica|física cuántica]] e o [[principio de incertidume]] e a [[teoría do caos]] semellan probar que a existencia de tal intelecto é imposible.
 
[[Napoleón]], referíndose a súa obra ''Exposition du système du monde'', comentoulle a Laplace: «Contanme que escribiu vostede ese gran libro sobre o sistema do universo sen mencionar nunca ao seu creador», e Laplace contestou: «Sire, nunca necesitei esa hipótese».
Liña 45:
 
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Laplace}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Matemáticos de Francia]]
[[Categoría:Nados en 1749]]