Johann Gottlieb Fichte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Johann Gottlieb Fichte''', nado en [[Rammenau]] o [[19 de maio]] de [[1762]] e finado en [[Berlín]] o [[27 de xaneiro]] de [[1814]], foi un [[Filosofía|filósofo]] alemán continuador da filosofía crítica de [[Kant]] e precursor de [[Schelling]] e da filosofía do espírito de [[Hegel]], considerado un dos pais do chamado [[idealismo]] alemán.
 
== Traxectoria ==
Johann Gottlieb Fichte naceu nunha familia moi pobre de orixe campesiña. Durante os anos de mocidade coñeceu unha auténtica miseria, e para axudar a súa familia traballou como gardián de gansas. Porén, a miseria serviulle de elevada escola moral, e nunca se avergoñou das súas orixes, mostrándose en distintas ocasións moi orgulloso delas.
 
Liña 20:
Non obstante, o grande éxito do noso filósofo ficou sempre ligado coa [[Doutrina da ciencia de 1794]], na que os románticos atoparon unha resposta fundamental aos seus formulamentos e do que F. Schlegel puido dicir que xunto co [[Wilhelm Meister]] de Goethe e a revolución francesa- representaba unha das tres directrices principais do século.
 
== Pensamento ==
Fichte creou o [[idealismo]], cuxas liñas mestras imos examinar a continuación:
 
A doutrina da ciencia e a estrutura do idealismo en Fichte
 
=== Primeiro principio do idealismo fichteano ===
O "eu" ponse a si mesmo dentro da [[filosofía aristotélica]] o principio de non contradición constituía o principio incondicionado da ciencia. Para a filosofía moderna de [[Christian Wolff|Wolff]] ou do propio Kant, este principio incondicionado consistía no principio de identidade, A = A, considerado como aínda máis orixinario (no sentido de que aquel precede deste). Para Fichte, á súa vez, este principio derívase dun principio ulterior, cuxa natureza é do todo particular. O principio A = A é enxebremente formal e só nos indica que, se existe A, entón A = A. Niso, o único necesario é o nexo lóxico "se... entón". Este nexo lóxico non pode ser posto máis que polo "eu" que o pensa, o cal -ao pensar o nexo entre A e A- ademais do nexo lóxico tamén pon A: polo tanto, o principio supremo non é o da identidade lóxica A = A, porque é algo posto e, en consecuencia, non orixinario. O principio orixinario só poderá ser o mesmo "eu". E o "eu" non é posto por outro, se non que se antepón. "Eu" _ "eu" significa, pois, non unha identidade formal e abstracta, se non a dinámica identidade dun principio que se antepón. O principio primeiro é unha condición incondicionada. Se é condición de si mesmo, entón ''constrúese a si mesmo'', ''é así porque se fai así'', é ''posición de si mesmo''. Nunha palabra, é autocreación.
 
Liña 33:
Resulta evidente que este "eu" e esta intelixencia non son o "eu" e a intelixencia do home empírico individual, se non o Eu absoluto, a "[[euidade]]" (Ichheit). O "eu" empírico, como veremos, aparece nun terceiro momento.
 
=== Segundo principio do idealismo fichteano ===
O "eu" opón a si mesmo un "non eu" ao primeiro principio da posición (tese) ou autoposición do "eu" contraponse un segundo principio de oposición (antítese), que Fichte formula así: o "eu" opón a si mesmo un "non eu". Tamén neste caso podemos apelar a un principio da lóxica formal para entender o que afirma Fichte. Consideremos a proposición "non A non é = A". A devandita proposición supón a oposición de non A e a posición de A. Pero estas non son máis que actos do "eu", e ademais presupoñen a identidade do "eu". O "eu", ao igual que se pon a si mesmo, oponse a algo distinto de si. A dedución deste segundo principio resulta aínda máis clara e convértese en algo case obvio, se seguimos esta outra liña de pensamento. O "eu" ponse a si mesmo non como algo estático, se non como algo dinámico, como acción. Ponse encanto ponte, e ao pórse como ponte implica necesariamente que xurda outra cousa, a posición de algo distinto, e polo tanto a posición dun ''non eu'' (o distinto ao "eu" só pode ser un "non eu").
 
Evidentemente, este "non eu" non está fóra do "eu", se non no seu interior, dado que nada hai pensable fóra do "eu". Xa que logo, o "eu" ilimitado opón a si mesmo un "non eu" ilimitado. O primeiro momento era o da liberdade (a liberdade orixinaria), mentres que o segundo -o da oposición- é o momento da necesidade. Deseguido veremos que este momento resulta indispensable para explicar a actividade teórica (a conciencia e o coñecemento) e a actividade práctica (a vida moral e a liberdade da conciencia).
 
=== Terceiro principio do idealismo fichteano ===
A limitación recíproca e a oposición no "eu" entre o "eu" limitado e o "non eu" limitado. O terceiro momento representa o momento da síntese. Como xa se viu, a oposición entre "eu" e "non eu" ten lugar no "eu". Agora ben, esta oposición non provoca que o "eu" elimine ao "non eu" ou á inversa, se non que ambos os dous se delimitan. Como é obvio, a produción do "non eu" só xorde como límite ou determinación do "eu". Polo tanto, o "non eu" determinado implica por necesidade un "eu" determinado. Fichte emprega o termo "divisible" para expresar este concepto, o cal aclara a fórmula con que o caracteriza: “o "eu" opón o "eu" divisible, no "eu", un "non eu" divisible".
 
Liña 45:
A antítese entre "eu" e "non eu" e a recíproca limitación explican tanta a actividade cognoscitiva como a moral. 1) A actividade cognoscitiva fundaméntase no xeito polo cal o "eu" é determinado polo "non eu"; 2) en cambio, a actividade práctica está fundamentada no xeito polo cal o "eu" determina o "non eu". E como ambos os momentos se dan no ámbito do "eu" infinito, ten lugar por conseguinte unha dinámica que neses dous casos, e de maneira diferente, se manifesta a través dunha superación e un dominio progresivos do límite.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* CRUZ RODRÍGUEZ, M., ''La filosofía contemporánea''. Taurus, 2002.
 
=== Outros artigos ===
* [[Idealismo]].
* [[Immanuel Kant]].
* [[Friedrich Schelling]].
* [[Hegel]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.alcoberro.info/V1/fichte.htm Páxina introdutoria sobre a filosofía de Fichte.] {{es}}
 
{{ORDENAR:Fichte, Johann Gottlieb}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filósofos de Alemaña]]
[[Categoría:Nados en Saxonia]]