Jean Le Rond d'Alembert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Alembert.jpg|miniatura|Retrato d'Alembert por Quentin de la Tour]]
'''Jean Le Rond d'Alembert''', nado en [[París]] en [[1717]] e finado en París en [[1783]], foi un matemático e filósofo [[Francia|francés]], célebre por ser un dos editores da [[Encyclopédie]] con [[Denis Diderot]].<br>
== Traxectoria ==
Fillo ilexítimo da escritora [[Claudine Guérin de Tencin]] e dun oficial de artillería, uns días máis tarde do seu nacemento foi abandonado pola súa nai na Igrexa de Saint-Jean-le-Rond de París.<br>
En [[1729]] entra no colexio [[Xansenismo|xansenista]] de Quatre-Nations, no que se graduou no ano [[1735]], pasando á escola de leis, e en [[1738]] foi nomeado avogado.<br>
En [[1739]], presenta o seu primeiro traballo matemático sobre os erros atopados en ''L'analyse démontrée'' ([[1708]]) de [[Charles René Reynaud]], ata entón considerado estándar. En [[1740]] escribe ''Memoire sur le refraction des corps solides'', no que explica a teoría da [[refración]], tamén escribe sobre o que agora se chama [[Paradoxo D'Alembert]]: no que demostra que non existe resistencia ao movemento dun corpo cando este se move a través dun fluído ideal (non viscoso).
 
En ''[[Traité de dynamique]]'', enuncia o Teorema de d'Alembert ou [[Teorema Fundamental da Álxebra]] que di que toda ecuación, do grao que sexa, sempre ten (cando menos) unha solución, ben sexa un [[número real]] ou un [[número complexo]].<br>
En [[1746]] Diderot convénceo para participar na redacción dunha enciclopedia onde se recollese todo o saber da época, D'Alembert escribe o ''Discours préliminaire'' e a meirande parte dos artigos de [[matemáticas]] e ciencias. En [[1751]] aparece o primeiro tomo. En [[1757]] D'Alembert arrédase do proxecto.
 
== Obras ==
* ''Mémoire sur le calcul intégral'' (1739)
* ''Traité de dynamique'' (1743)
* ''Traité de l'équilibre et du mouvement des fluides'' (1744)
* ''Réflexions sur la cause générale des vents'' (1746),
* ''Recherches sur les cordes vibrantes'' (1747),
* ''Recherches sur la précession des équinoxes et sur la nutation de l'axe de la terre'' (1749),
* ''Éléments de musique'' (1752),
* ''Mélanges de littérature et de philosophie'' (2 tomos 1753, 5 tomos 1759-1767),
* ''Essai sur les éléments de philosophie'' (1759)
* ''Opuscules mathématiques'' (8 tomos 1761-1780).
 
{{ORDENAR:Alembert,Jean Le Rond D' }}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Francia]]
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]