Filipe Neri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Filipe Neri''' ([[1515]]-[[1595]]). Denominado ''apóstolo de Roma'' nun momento de grande desprestixio da relixión católica en [[Europa]], está considerado [[Patrón]] dos [[humorista]]s.
 
== Vocación ==
Fillo dun notario de [[Firenze|Florencia]], renunciou a unha prometedora vida de negocios e marchou para [[Roma]] onde viviu con grande austeridade dos servizos prestados como preceptor dunha familia. Polas noites ía meditar ás [[catacumba]]s da cidade, xunta a [[Vía Apia]], onde empezou a ter as primeiras experiencias [[mística]]s. Combinaba a súa vida de preceptor co estudo e comezou a brillar en [[filosofía]] e [[teoloxía]], pero supetamente abandonou as tarefas intelectuais e se concentrou no apostolado, na pobreza e na oración.
 
Aínda que tivo inquedanzas [[misioneiro|misioneiras]] pola súa admiración a [[Francisco Xabier]], chegou á convicción de que Roma, a cidade do [[Papa]], era paradoxalmente unha cidade pagana, a súa [[India]], debido á corrupción e a ostentación do [[clero]], a desorientación dos crentes e a moitedume de necesitados e enfermos que había que atender.
 
== Conflitos coa xerarquía ==
Deste xeito, adicouse á predicación cun estilo alegre e desenfadado, ata o punto de que foi denominado o ''santo comediante'' e o bromista divino. As súas tolerías e exentricidades foron gañando á xente sinxela coa que dialogaba na praza pública. Reuniu a un grupo de seguidores máis achegados cos que organizou labores de hospitalidade de peregrinos, atención aos marxinados e coidado dos enfermos. O seu estilo e actividades resultaron ofensivas para a xerarquía, sendo vítima de aldraxes e da marxinación por parte de altos xerarcas eclesiásticos e [[cardeal (relixión)|cardeais]]. Nunca respondeu aos ataques dos seus inimigos, se ben reprochou con sinxeleza ás altas personalidades da [[Igrexa Católica]] o seu poder e a súa relaxación. Naquel intre, no [[colexio cardenalicio]] gobernaban os [[Medici]]. Entre os seus máis foribundos detractores estaba o propio vigairo do Papa [[Paulo IV, papa|Paulo IV]], Cardenal Rosaro. Pero el nunca consentiu que se falase mal do seu máis alto perseguidor.
 
== Fundacións e actividades ==
Fundou o hospital de [[Santa Trindade]] dos [[Peregrino]]s e Convalecentes. No ano xubilar de [[1574]], chegou a atender a uns 140.000.
 
Liña 19:
Reconstruíu unha igrexa en ruínas: [[Santa María de Vallicella]] onde se habilitou unha sinxela cela. Hoxe é a casa nai dos oratorianos e alí se atopan as súas [[reliquias]]. Os seus funerais foron multitudinarios. Sucedeuno ao fronte da orde [[Cesare Baronius]], confesor de Clemente VIII. Foi beatificado por [[Paulo V]] en [[1615]] e canonizado por [[Gregorio XV]] en [[1622]].
 
== Experiencias místicas ==
De Felipe Neri cóntanse visións sobrenaturais; levitacións; o don de dar alegría aos desesperados e saúde aos enfermos. El mesmo confiou que sentía unha gran bóla de lume que lle estoupaba no peito co amor de Deus e aos homes. Asegúrase que na autopsia se comprobou que presentaba un acusado desprazamento das costelas ao carón do corazón, algo confirmado por investigacións médicas posteriores.
 
{{ORDENAR:Neri, Filipe}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]]