Pedro Mariño de Lobeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Pedro Mariño de Lobeira''', nado en [[Pontevedra]] en [[1528]] e falecido en [[Lima]] en [[1594]], foi un [[militar]] e [[cronista]] que, tras participar na [[Conquista de Chile]], deixou un relato dos seus sucesos na obra ''Crónica del Reino de Chile''. Non se debe confundir co tamén nobre pontevedrés [[Pedro Mariño de Lobeira Lemos]], entre os que media case un século.
 
== Traxectoria ==
Os seus pais foron [[Hernán Rodríguez de Lobeira y Rivera]], e [[Constanza Mariño Marinas de Sotomayor]]. Contraeu matrimonio con [[Francisca de Miranda]], coa que tivo dous fillos: Ana e Alonso.
 
Liña 16:
Nos seus últimos anos trabou amizade co [[xesuíta]] [[Bartolomé de Escobar]], que tamén estivera en Chile, entregándolle os manuscritos da súa ''Crónica del Reino de Chile'' para que os corrixise e editase. Porén, o texto nunca foi impreso na época. Só en 1865 foi publicado no volume VI da Colección de Historiadores de Chile e documentos relativos á Historia Nacional dese país.
 
== A orixe do seu escrito ''Crónica del Reino de Chile'' ==
Na época da Conquista, era común que algúns conquistadores escribiran acerca das vivencias e situacións das que eran parte e testemuñas. Soldado de profesión, Mariño de Lobera non estivo alleo a estas labores e deixou un importante legado á historia de Chile no seu manuscrito. O texto orixinal deste non chegou ós nosos días, e o que del se coñece débese á pluma do sacerdote xesuíta Bartolomé de Escobar, que recibiu -de parte do [[vicerrei do Perú]] García Hurtado de Mendoza- o encargo de revisar e corrixir os apuntes de Mariño.
 
Esta labor deu forma definitiva á ''Crónica del Reino de Chile'', obra que, en estrito rigor, é moi diferente á que podería escribir un simple soldado. Nas súas pasaxes, é fácil advertir a pluma dunha persoa coñecedora da arte de escribir, o que estaría indicando a intervención do pai Escobar.
 
=== A súa crónica ===
Na obra chama a atención a imprecisión e a vaguidade do relato da primeira parte da Conquista de Chile, máis especificamente ata a chegada de García Hurtado de Mendoza. Isto contrasta coa segunda parte, que corresponde precisamente ó goberno de Hurtado de Mendoza. Os feitos e as fazañas do antigo gobernador de Chile -que facilitara a Escobar parte dos documentos con que contaba- son narrados con claridade. A ''Crónica del Reino de Chile'' é, de entre as crónicas da conquista de Chile, a que con maior frecuencia inclúe relatos de sucesos extraordinarios e sobrenaturais.
 
Liña 29:
 
{{ORDENAR:Marinno Lobeira, Pedro}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]